Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aberta a licitación das obras para a mellora dos accesos á Praia do Muíño na Guarda

O prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de xullo, ás 10:00 horas.

O prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de xullo, ás 10:00 horas.

Fecha: 21 de Junio de 2019

Fuente: Concello da Guarda

A Deputación de Pontevedra ven de anunciar a licitación do proxecto para a mellora dos accesos á Praia do Muíño depois da sinatura dun convenio, no pasado mes de febreiro, entre o ente provincial e o Concello de A Guarda para o acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, por un orzamento total que ascende ás 192.190,64 €
 
O prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de xullo, ás 10:00 horas.
 
O acondicionamento dos accesos á praia do Muíño forma parte do proxecto de cooperación europea «Visit Río Miño», de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, en concreto dentro das actuacións comprendidas para a creación do «Anel Verde do Miño'», que consiste nunha "rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galiza e Portugal e é, sen dúbida, un dos maiores atractivos deste territorio e de todo o sur da provincia".

As actuacións previstas teñen unha dobre finalidade, por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro lado, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía.

Na actualidade os accesos á praia do Muíño consiste nunha plataforma de recheo e un muro, así como un aparcamento a pé de praia. O proxecto inclúe a construción dunha rotonda para a regulación do tráfico, a ampliación das entradas ao areal e a creación dunha plataforma peonil de acceso a praia.

Antonio Lomba, manifestou a súa satisfacción co proxecto e destacou a relevancia destas obras que "permitirán rexenerar unha das zonas máis importantes para o Concello dende un punto de vista turístico e medioambiental." Segundo explicou, o actual acceso ao areal "rompía a conexión coa natureza" e presentaba "certa degradación". Con estas actuacións "recuperaremos esta área converténdoa nunha paisaxe moi coidada, onde as persoas prevalecerán sobre os coches", evitando que os vehículos poidan chegar ata a beira da praia e que permitirán á cidadanía "gozar aínda máis se cabe deste entorno inigualable".

A actuación, enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consistirá na conexión de dous sendeiros que desembocan no areal, un marítimo e outro fluvial, consolidando un novo treito do Anel Verde do río transfronteirizo formado por rutas galego - portuguesas xa consolidadas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Río Miño, Uxío Benítez e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, coincidiron en destacar a relevancia desta actuación para recuperar un espazo natural de altísimo valor turístico e medioambiental.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones