Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aberta ao público ata o 18 de febreiro a exposición -Camiños da Imaxe- no Centro Cultural da Guarda

Ata o día 18 de febreiro no Centro Cultural da Guarda.

Ata o día 18 de febreiro no Centro Cultural da Guarda.

Fecha: 11 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A semana pasada numerosos veciños e veciñas da Guarda desafiaban ao temporal que estaba a sufrir a localidade para render homenaxe ao fotógrafo Joaquín García Portela, máis coñecido como "Costiña", con motivo da publicación do libro "Camiños da Imaxe" que fala da súa vida e obra.

A obra deste fotógrafo guardés, pioneiro da fotografía e filmografía na Guarda, xa estivera exposta o pasado verán na Casa dos Alonsos, nunha mostra do mesmo nome que a publicación presentada. E dende o pasado sábado 3 e ata o día 18 de febreiro, a exposición "Camiños da Imaxe" volve a estar aberta ao público, desta vez no Centro Cultural da Guarda.

Aqueles que xa visitaron a exposición poderán volver a desfrutar dela e, os que non puideron acudir na anterior ocasión, teñen unha nova oportunidade de coñecer a obra dun guardés ilustre.






Costiña é un dos fotógrafos máis lembrados e destacados da vila, que viviu entre 1894 e 1957. Na mostra "Camiños da Imaxe" os visitantes poden atopar imaxes que fixo a veciños da Guarda e da súa contorna, fotografías persoais do artista que ilustran a súa biografía e tamén os seus filmes familiares. Estes filmes foron realizados entre 1926 e 1929 e supoñen as primeiras películas filmadas na Guarda e por un guardés.

Nestes filmes, que fan de Costiña o pioneiro do cinema na Guarda, hai escenas familiares na súa casa, escenas das festas da Guarda, dos mariñeiros e da costa ou doutros recunchos da localidade que fan destas imaxes uns documentos patrimoniais de gran valor.

Todos o que o desexen poden desfrutar deste valioso material na mostra que permanecerá no Centro Cultural ata o vindeiro sábado 18 de febreiro, de luns a sábado. O horario é de 10 a 13 e de 17 a 20 horas; excepto os sábados, que só é en horario de mañá de 10 a 13 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones