Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aberto o prazo de inscrición no curso de escaparatismo de -Eu Rural- na Guarda

O curso, dirixido a persoas emprendedoras e comerciantes do GDR 14, impartirase na Guarda nos meses de maio e xuño.

O curso, dirixido a persoas emprendedoras e comerciantes do GDR 14, impartirase na Guarda nos meses de maio e xuño.

Fecha: 14 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O programa «O ben feito, ben parece» promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste «Eu Rural» comezará o seu itinerario formativo na Guarda o vindeiro mes de maio, co obxectivo de axudar a crecer e mellorar ao comercio local.

O curso destínase aos comerciantes e emprendedores do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) 14 que desexen adquirir coñecementos sobre escaparatismo, presentación de produtos, paquetería comercial e visual merchandising. Nesta liña, o itinerario formativo busca aportar e ampliar os coñecementos relacionados coa venda entre as persoas emprendedoras do rural e o comercio local xa existente, facéndoos máis competitivos e atractivos para o consumidor.

A formación impartirase na Casa de Oficios da Guarda os días 23, 24, 25, 30 e 31 de maio e 1, 6, 7 e 8 de xuño entre as 16:30 e as 20:30 horas. Poderá participar calquera persoa que resida do territorio do GDR 14 (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui), independentemente de que o concello no que resida non dispoña do curso. Así, as persoas interesadas deberán anotarse a través da páxina web da asociación, cumprimentando o formulario de inscrición.

A participación no curso «O ben feito, ben parece» é gratuíta. O itinerario formativo continuará nos concellos de Nigrán, Tomiño e Mos con formacións a impartir entre setembro de 2017 e maio de 2018.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones