Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aberto o prazo de inscrición para o club de lectura xuvenil da Biblioteca Pública Municipal da Guarda

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro. É unha actividade de balde e todo o material preciso o facilita a Biblioteca.

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro. É unha actividade de balde e todo o material preciso o facilita a Biblioteca.

Fecha: 11 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda ofrece este ano unha nova actividade de animación á lectura. No mes de outubro terá inicio un Club de Lectura Xuvenil de Cómics coordinado pola bibliotecaria municipal María Soledad Diz, destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos, tanto se son amantes do cómic e novela gráfica, como se desexan descubrir este xénero tan interesante. Trátase de formar un grupo para reunirse un venres de cada mes e compartir as súas experiencias sobre a lectura do cómic proposto en cada sesión.

Os obxectivos do Club son: Fomentar a lectura, o diálogo e a convivencia entre os rapaces e rapazas, ofertar novas oportunidades de desfrutar do tempo de lecer, crear un punto de encontro para compartir experiencias lectoras, tanto presenciais como virtuais, e ocasionalmente participar en actividades complementarias como encontros con autores.

Para ser membro do Club é preciso inscribirse na Biblioteca de forma presencial, enviando un correo electrónico a aguarda.rbgalicia@eidolocal.es indicando os datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico, ou ben chamando ao teléfono 986611850.

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro. É unha actividade de balde e todo o material preciso o facilita a Biblioteca.

Horario da Biblioteca Pública Municipal da Guarda a partires da vindeira semana:
De luns a venres: 17:00h-20:00h
Sábados: de 10:00h a 13:00h
Horario do Centro Cultural a partires da vindeira semana:
De luns a venres: de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h
Sábados: de 10:00h a 13:00h

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones