Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aberto o prazo para solicitar a participación no programa termal -Benestar en balnearios-

As persoas interesadas en participar no programa poderán informarse e realizar as súas solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda entre as 9:00 e as 15:00 horas.

As persoas interesadas en participar no programa poderán informarse e realizar as súas solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda entre as 9:00 e as 15:00 horas.

Fecha: 14 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que xa está aberto o prazo para solicitar a participación no programa «Benestar en balnearios 2018» da Xunta de Galicia.

As solicitudes poderán presentarse ata o 16 de maio (incluído) para as estadías e tratamento termais a realizar nos meses de maio e xuño, e ata o 30 de maio aquelas que se vaian desfrutar entre xullo e outubro.

Os requisitos para poder acceder ao programa son:

  • Ser maior de 60 anos ou maior de 55. Neste último caso, debe reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
  • Non padecer alteración do comportamento que poidan afectar a normal convivencia  nos establecementos , nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica  para a recepción dos tratamentos termais.
  • Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu/súa cónxuxe, parella de feito ou persoa con que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, ou cun  fillo ou filla con grao de discapacidade e autonomía de movemento, sempre que cumpran os requisitos arriba mencionados (a excepción do primeiro punto).

As persoas interesadas en participar no programa poderán informarse e realizar as súas solicitudes no departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda entre as 9:00 e as 15:00 horas.

Sobre o programa

O programa termal «Benestar en balnearios» é unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia coa que se ofrecen alternativas de ocio que fomentan a  autonomía e saúde das persoas maiores, favorecendo a un tempo as súas relacións sociais.

O programa ofrece un total de 679 prazas en 2018, nas que se inclúen a estadía en establecementos termais da comunidade en réxime de pensión completa e habitación dobre compartida, así como un recoñecemento médico e seguimento do tratamento termal prescrito.

 

* Bases da convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180417/AnuncioG0425-110418-0006_es.html

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones