Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ABRIL, MES DO LIBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA GUARDA

A concellería de Cultura presenta as diferentes actividades que se darán cita durante o mes de Abril.

A concellería de Cultura presenta as diferentes actividades que se darán cita durante o mes de Abril.

Fecha: 23 de Abril de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Dentro da programación anual que a Biblioteca Municipal está levando a cabo durante este ano para potenciar o uso da mesma por parte da poboación guardesa e coincidindo coas conmemoracións do día do libro infantil e xuvenil o día 2 de Abril e o Día do Libro, que se celebra o día 23 de Abril; se presentan estes proxectos:

Cinema familiar: "O Fabuloso Andersen"

O Sábado 2 de Abril se celebra o  Día do Libro Infantil e Xuvenil,coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen. Na Biblioteca Municipal de A Guarda queremos celebrar ese día cunha nova cita de cinema familiar para ver a Película Musical de cine clásico "A Fabulosa Historia de Andersen" .A cita será o Sábado 2 de Abril as 17:30 horas no salón de Actos do Centro Cultural.

Cinema "Os Miserables":

Para celebrar  o día do Libro que é o día 23 de Abril, a Concellería de Cultura xunto coa Biblioteca Municipal, queren ofrecer ós veciños da Guarda unha nova sesión de cinema coa proxección da película musical "Los Miserables".A cita será o venres 22 de Abril as 21 h. no Salón de actos do centro cultural.

"Contos Contados polo Día do Libro"

Como se ven facendo dende o mes de outubro, a Biblioteca celebra a sesión mensual de contos contados do mes de abril. Neste caso para celebrar o Día do Libro, despois do Conto Contados haberá un obradoiro chamado "ANIMATE A LEER".

A sesión de Contos Contados será esta vez as 11:30 da maña.

"Certame de microrrelatos"

No Mes de Abril e coincidindo cos Días do Libro Infantil e Xuvenil e o Día Do Libro, a Biblioteca Municipal presenta o Certame de Microrrelatos.

O microrrelato é unha construcción literaria narrativa distinta da novela ou do conto. É a denominación máis usada para un conxunto de obras diversas onde a  principal característica é a brevidade do seu contenido. O microrrelato tamén é chamado microconto, minificción, microficción, conto brevísimo, miniconto, etcétera.

Dende o día 1 de abril ata o día 12 de abril se poderán presentar os microrrelatos  na oficina de cultura do Concello da Guarda en horario de 9 a 14h., no Centro Cultural ou na Biblioteca Municipal en horario de 10h. a 13h. E 17h. a 20h.

O xoves 14 de abril se fará entrega dun agasallo a tódolos participantes neste certame na Biblioteca Municipal as 17h.  e se procederá a pór en exposicións todos os traballos recibidos no propio Centro Cultural.

A convocatoria está aberta a todálas idades, e os traballos deberán cumprir cos seguintes requisitos:

1) Os textos estarán escritos en lingua galega

2) A idade para participar é de 3 anos en adiante, estando aberta a toda a poboación

3) O tema do microrrelato é libre

4) A extensión da obra é de 150 palabras máximo, sen incluir o título

5) Os textos deben ser de autoría orixinal e inédita

6) Os traballos se presentarán en formato papel.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones