Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ACIGU CCA INFORMA DAS NOVAS SUBVENCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

Códigos de Procedemento: IN216A e IN201H

Códigos de Procedemento: IN216A e IN201H

Fecha: 08 de Febrero de 2016

Fuente: Acigu CCA

SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA.

Código de Procedemento: IN216A

FINALIDADE: Facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial. Axudas económicas aos transmisores e aos adquirentes do negocio comercial.

BENEFICIARIOS:
Comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio, que cumpran os seguintes requisitos

1.- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

2.-Ter unha idade mínima de 64 anos feitos na data en que se presenta a solicitude.

3.-Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacionadas no anexo II, de forma ininterrompida durante os últimos 10 anos. Considérase cumprido este requisito polo comerciante que sucedese ou substituíse no exercicio da actividade comercial que viña desenvolvendo o seu cónxuxe, tras o falecemento deste ou tras o abandono deste de toda actividade comercial, antes da entrada en vigor desta orde, sempre que entre ambos sumen os dez anos esixidos. *No caso de que a persoa solicitante estea dada de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, será considerada beneficiaria sempre que a actividade principal estea incluída dentro das agrupacións citadas (enténdese por principal a que resulte de conxugar os elementos de facturación e superficie de venda destinada á actividade, que deberá acreditarse, se é o caso, coa presentación da declaración da renda do último exercicio)

4.-Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia esixido para causar dereito á pensión de xubilación, polo menos ao chegar á idade ordinaria de xubilación.

5.-Designar a persoa física continuadora da actividade, con capacidade legal para exercer o comercio. Tamén se considerarán beneficiarias as persoas designadas polo solicitante para a remuda comercial, con capacidade legal para exerceren o comercio, e quedarán vinculadas ambas as dúas persoas para a concesión da subvención. *En ningún caso pode un cónxuxe ser adquirente do outro cónxuxe que transmite a actividade comercial, nin aqueles nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007,do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

CONTÍA DAS AXUDAS
1.-Os transmisores que teñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, que se fixa na cantidade de 800 €.
2.-Os transmisores que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación (tendo en todo caso os 64 anos cumpridos) percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, a razón de 800 € mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida, contados desde o mes seguinte á resolución de concesión.

3.-Os adquirentes do negocio comercial percibirán un pagamento único de 2.000 €, con independencia do número de establecementos que adquiran. Durante o período de percepción das axudas reguladas nesta orde, os transmisores beneficiarios quedarán coa obriga de cotizar no correspondente réxime da Seguridade Social, no caso de que deba seguir cotizando para cubrir o período mínimo de cotización establecido, e deberán ser as propias persoas beneficiarias as que fagan o pagamento das ditas cotas de cotización á Seguridade Social e a subscrición, de ser o caso, do correspondente convenio, ou da documentación acreditativa de causar baixa no réxime de autónomos, se non se subscribe. As persoas solicitantes ou beneficiarias deberán comunicar, o antes posible, toda variación no referente á súa situación respecto á Seguridade Social que se produza e, en todo caso, nun prazo non superior aos 10 días seguintes ao da recepción da documentación acreditativa de tales circunstancias.Así mesmo, no caso de falecemento dalgún solicitante ou beneficiario, este feito deberá ser comunicado polos seus herdeiros inmediatamente, xuntando a correspondente certificación de defunción.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 DE AGOSTO DO 2016

Información e Tramitación en DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO. https://sede.xunta.es ; http://economiaeindustria.xunta.es ; 981 545 915

 


 
SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA IMAXE,MODERNIZACIÓN,ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACION NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA

Código de Procedemento: IN201H

FINALIDADE: Estas axudas teñen por obxectivo a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector retallista e artesanal galego. Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva suxeitas ao réxime de mínimis.

BENEFICIARIOS:
Persoas físicas ou xuridicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente consitutida que en todo caso cumprirán ademaís estes requisitos:

1.- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na comunidade autónoma de Galicia.

2.-Que tendo a condición de peme, empreguen menos de dez traballadores e non teñan a consideración de graan establecemento comercial

3.- Que estén dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
As actuacións subvencionables teñen que ser realizadas e efectivamente pagadas dende o 1 de Xaneiro do 2016 ata a data límite de xustificación 10 de outobro do 2016.

INVERSIÓNS E/OU GASTOS COMPUTABLES
A) Acondicionamiento de local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados. Esta actuación será subvencionable únicamente na superficie comercial adicada a venta. A limitación dos 150 metros cadrados non será de aplicación para actividades do epígrafe do IAE 653.1

B) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblase e equipamento adicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venta.

En ningún dos casos o custo d adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e nunca se considerarán subvencionabls os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os imposots persoais sobre aa renda. Asimesmo non serán subvencionables: Ordendores, Bolsas, Etiquetas e Caxias convencionais, impresoras, televisores, sistemas de alarma ou similares, impostos recuperables o repercutibles polo beneficiario.
CONTÍA DAS AXUDAS:

LIÑA 1:
Acondicionamento de locais comerciais: Investimento máximo subvencionable: 10.000 Euros IVE Excluido, e a porcentaxe de subvención 40%.

Medidas mellora da imaxe exterior, moblase e equipamento: Investimento máximo subvencionable: 5.000 Euros IVE Excluido e a porcentaxe de Subvención 40%.

LIÑA 3:
Ferramentas e Programas Informáticos: Investimento máximo subvencionable 4.000 Euros IVE Excluido, e a porcentaxe de subvención 50%

Implantación sistemas de empaquetado e etiquetaxe: Investimento máximo subvencionable 5.000 Euros IVE Excluido, e a porcentaxe de subvención 50%

Novos Sistemas de comercialización combinen ONLINE e OFFline e implantación e actualización páxina WEB. Investimento máximo subvencionable 6.000 Euros IVE Excluido, e a porcentaxe de subvención 50%.

Páxinas WEB Comerciais: Investimento Máximo subvencionable 1.000 Euros IVE Excluido e a porcentaxe de subvención 50%.

Novos Sistemas de Comercialización e Información que implique o uso das redes sociais para a vendaa: Investimento máximo subvencionable 8.000 Euros IVE excluido e a porcentaxe de subvención 50%.

O INVESTIMENTO MÁXIMO SUBVENCIONABLE POR BENEFICIARIO SERÁ PARA OS COMERCIANTES RETALLISTAS DE 39.000 EUROS IVE EXCLUIDO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende 18 de xaneiro ao 18 febreiro de 2016.

Información e Tramitación en DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO. Para unha mayor información están disponibles os seguintes teléfonos: 981 545 525; 981 545 507 Así como o enderezo de correo electrónico: cei.dxc.axudas@xunta.es e a páxina web: http://economiaeindustria.xunta.es

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones