Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Acigu CCA informa das subvencións para mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos comercios da Xunta de Galicia

Estas axudas teñen por obxectivo a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas.

Estas axudas teñen por obxectivo a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas.

Fecha: 27 de Junio de 2017

Fuente: Acigu CCA

CÓDIGO DE PROCEDEMENTO: IN201H

FINALIDADE: Estas axudas teñen por obxectivo a concesión de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva suxeitas ao réxime de mínimis.

BENEFICIARIOS:
Persoas físicas ou xuridicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente consitutida que en todo caso cumprirán ademaís estes requisitos:

1.- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na comunidade autónoma de Galicia. e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

2.-Que tendo a condición de peme, empreguen menos de dez traballadores e non teñan a consideración de gran establecemento comercial

3.- Que estén dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.

4.- Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.Comercio al por menor de artículos para el equipamiento del hogar y la construcción

REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO:
As actuacións subvencionables teñen que ser realizadas e efectivamente pagadas dende o 1 de Xaneiro do 2017 ata a data límite de xustificación 30 de outobro do 2017.

INVERSIÓNS E/OU GASTOS COMPUTABLES:

Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
En concreto, consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.

1| Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto técnico de decoración e interiorismo.
a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) A adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) As actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
Para o conxunto destas actuacións, o investimento máximo subvencionable será de 30.000 € (IVE excluído) e o investimento mínimo, de 15.000 € (IVE excluído). A porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable. O investimento máximo subvencionable ampliarase ata 2.000 € para atender os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto técnico de interiorismo e decoración, sempre que este non supere o 10 % do investimento total solicitado.

2| Proxectos de renovación e mellora da imaxe comercial, sempre que impliquen unha renovación clara e directa da imaxe do establecemento comercial.
a) As obras de reforma e acondicionamento da superficie de exposición e venda do local comercial.
b) A adquisición de moblaxe destinada á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) As actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e a instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
Para o conxunto das actuacións relacionadas na alínea a) do punto 3.2, o investimento máximo subvencionable será de 60 € (IVE excluído) por metro cadrado da superficie de exposición e venda do local comercial e o investimento mínimo do conxunto das actuacións subvencionables, de 3.000 € (IVE excluído), no caso de que a superficie de exposición e venda sexa igual ou superior aos 50 metros cadrados. Nos establecementos comerciais cunha superficie de exposición e venda inferior a 50 metros cadrados o investimento mínimo do proxecto subvencionable non poderá ser inferior a 1.500 € (IVE excluído).O investimento máximo para o conxunto das actuacións é de 9.000 € (IVE excluído).A porcentaxe de subvención será o 40 % do investimento máximo subvencionable.

3. Servizos dun xestor de redes sociais. A axuda consistirá nun tícket para a xestión de redes sociais, no marco do Programa de Social Commerce que se vai desenvolver en colaboración coa Federación Galega de Comercio durante o ano 2017.

Non se consideran gastos subvencionables:
- As obras ou actuacións en probadores, cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.
- Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.
- A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.
- A adquisición de materiais ou outros elementos para a realización das obras por parte do propio solicitante.
- A adquisición de bens usados, de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles da venda posterior ao público e de expositores de carácter temporal ou de uso exclusivo en campañas promocionais.
- A adquisición de televisores e reprodutores de son ou imaxe.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Dende 16 de xuño 17 xullo de 2017.

Información e Tramitación en DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO. Para unha mayor información están disponibles os seguintes teléfonos: 981 545 525; 981 545 507 Así como o enderezo de correo electrónico: cei.dxc.axudas@xunta.es e a páxina web: http://economiaeindustria.xunta.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones