Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ACTIVIDADES DO CIM DA GUARDA PARA O MES DE MARZO 2015

O Centro de Información á Muller (CIM) vai levar a cabo o programa -Desconexión- e a Representación teatral O FURANCHO

O Centro de Información á Muller (CIM) vai levar a cabo o programa -Desconexión- e a Representación teatral O FURANCHO

Fecha: 13 de Marzo de 2015

Fuente: CIM A Guarda

Representación teatral "O FURANCHO", con motivo do Día Internacional da Muller

O día 6 de marzo ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda

Entrada de balde ata completar aforo.

Previa recollida de entradas no Centro Cultural ou no Centro de Información á Muller (ao lado do Xulgado de Paz)

Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo Fondo Social Europeo

Sinopse:
MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO, artistas multidisciplinares, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.
Un espazo cargado de "agroglamour" no que se fusionan as tendencias máis "trendies" con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo. Cada un dos detalles é parte dun todo harmónico configurado a partir de estilismos minimalistas e cálidos que sintetizan o pasado co presente, o rural co cosmopolita, o loureiro coas novas tecnoloxías.
Dúas mulleres fortes, con carácter e desbordante personalidade, que definen á perfección a esencia enerxética e desvergonzada das pallasas: dúas iconas femininas que foron, son e serán referentes de beleza universais e fonte de inspiración para todas esas loitadoras que son quen de poñer o mundo patas arriba para lograr que os seus soños se fagan realidade.
No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

 

"Desconexión"

O Centro de Información á Muller (CIM) vai levar a cabo o programa "Desconexión" subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo, no que se traballará o tema da igualdade, facendo especial fincapé na violencia de xénero.
O programa conta con dúas partes:
Na primeira delas, traballarase cos e coas menores aquelas áreas ocupacionais, como son as actividades da vida diaria, a educación, o xogo , o tempo libre e a participación social.
E a segunda parte será unha xornada lúdica e de convivencia enfocada a traballar coas mulleres e coas súas fillas e fillos, buscando proporcionar ferramentas de autoprotección e educación en igualdade, con puntos de encontro entre ambos que reforcen a través do xogo e da risa, así como de situacións cotiás, os vínculos socio-afectivos e materno-filiais.
Este programa levarase a cabo, previa derivación do CIM, os días 13 e 14 de marzo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones