Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Adxudicada a obra de mellora do acceso á Praia do Muíño da Guarda que conectará os sendeiros marítimo e fluvial

A actuación enmárcanse dentro do proxecto Visit Rio Minho, de preservación medioambiental, cofinanciado ao 75% polos fondos FEDER

A actuación enmárcanse dentro do proxecto Visit Rio Minho, de preservación medioambiental, cofinanciado ao 75% polos fondos FEDER

Fecha: 28 de Septiembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a obra de mellora do acceso á praia do Muíño de A Guarda á empresa Marconsa S.L. O orzamento de adxudicación foi finalmente de 168.287,34 euros, o que supón un 12,44 % de baixa con respecto á licitación, segundo informou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e AECT Rio Minho, Uxío Benítez.

Un total de 16 empresas presentaron ofertas para a execución destas obras de mellora e recuperación do acceso á praia do Muíño da Guarda, que conectará os sendeiros marítimo e fluvial que rematan no areal. A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Rio Miño', de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a Deputación provincial é socia.

As actuacións permitirán por un lado a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía. O proxecto de mellora e recuperación do acceso ao areal inclúe a construción dunha rotonda cunha zona de carga e descarga, a creación dunha parada de bus, a ampliación das entradas ao areal e a rexeneración da praia mediante o retranqueo do muro de contención existente.

Estas obras enmárcanse na actividade 4 do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho destinada á mellora e posta en valor da rede de sendeiros verdes transfronteirizos situados a ambas marxes do río Miño, un dos maiores atractivos deste territorio como destino de natureza. Ademais, a praia do Muíño é o areal máis extenso do Baixo Miño, conta con Bandeira Azul dende hai anos, e apreciados.

Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones