Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Albergue Turístico A Guarda avanza nas posibilidades das novas tecnoloxías no marco da aceleradora TurisTIC da Deputación de Pontevedra

A aceleradora é unha iniciativa posta en marcha polo servizo TurisTIC da Deputación, creado no ano 2018 para dar asesoramento específico a este sector na introdución ás novas tecnoloxías.

A aceleradora é unha iniciativa posta en marcha polo servizo TurisTIC da Deputación, creado no ano 2018 para dar asesoramento específico a este sector na introdución ás novas tecnoloxías.

Fecha: 27 de Agosto de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A segunda convocatoria da Aceleradora TurisTIC, da Deputación de Pontevedra, serviu para que empresas da provincia comezaran a aproveitar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, tanto no desenvolvemento como na posta en marcha do negocio nun sector tan competitivo como o turismo. A convocatoria, que deu comezo en outubro pasado, concitou o interese de 14 empresas candidatas, das que houbo unha selección daquelas firmas en función do seu grao de innovación, a presentación dunha memoria e o perfil das/os empresarias/os candidatas/os.

As empresas seleccionadas resultaron ser Pazo de Rubianes (que abriu en 2012 e desenvolve un produto turístico en torno ao patrimonio botánico, histórico, cultural e vitivinícola desta emblemática finca das Rías Baixas), Celtic Ways (empresa de servizos especializados en diversos idiomas, que ofrece guías-servizos de información turística, visitas "á carta" e asesoramento e deseño de produtos turísticos), VigoPeques (plataforma online de turismo familiar, en formato blog, para a organización de viaxes en familia, educación e lecer infantil en Galicia e Portugal), e Albergue Turístico A Guarda (casa mariñeira de 1957 do casco urbano de A Guarda, orientada ao aloxamento de peregrinos do Camiño Portugués a Santiago).

As persoas responsables das empresas seleccionadas recibiron un programa intensivo de titorías individualizadas con expertos en tecnoloxía, imaxe dixital e competitividade, entre outras. Tamén houbo sesións grupais sobre a relevancia da innovación, novas oportunidades e marketing dixital. As sesións abordaron dende os pasos para a creación dunha empresa á creación dun portfolio de produto diversificado ou busca de novos nichos de mercado aínda por explotar, entre outras cuestións. Grazas a esta iniciativa, estas empresas melloraron a súa estratexia TIC cara a unha maior competitividade tanto no ámbito de marketing e publicidade como en comercialización.

A aceleradora é unha iniciativa posta en marcha polo servizo TurisTIC da Deputación, creado no ano 2018 para dar asesoramento específico a este sector na introdución ás novas tecnoloxías. Á súa vez forma parte da Rede SmartPeme, que naceu en 2016, como servizo de asesoramento e apoio ás persoas emprendedoras, autónomas e PYMES da provincia de Pontevedra na mellora da eficiencia, produtividade e competitividade a través do uso de ferramentas tecnolóxicas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones