Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alberte Alonso participa esta fin de semana na exposición -A Lanterna Máxica, unha exposición a escuras-

Alberte A. Pereira Fotógrafo autodidacta e independente.

Alberte A. Pereira Fotógrafo autodidacta e independente.

Fecha: 02 de Diciembre de 2016

Fuente: Alberte A. Pereira

A Lanterna Máxica, unha exposición a escuras.
Unha anovadora mostra de arte no centro de Vigo.

Dende o venres 2 ata o domingo 4 de decembro terá lugar unha exposición de artistas plásticos no Urban Market do Progreso, acompañada por seis DJ's.


A exposición contará con mais de 20 artistas, entre os que se atopan algúns de renome como Alberte Pereira, Cé Tomé, Rubén de Torres, Sergio Covelo ou Sandra Mg.


A temática da exposición será libre e a gran novidade consiste en que o local, de máis de 800m², estará completamente a escuras, e os asistentes terán que ver as obras utilizando a luz dos seus móbiles ou lanternas que haberá a súa disposición.


O local atópase na rúa Progreso nº 41 e é un local lóbrego propiedade do Urban Market. A exposición abrirá o venres 2 e sábado 3 de 20:00-24:00 e o domingo 4 de 12:00-16:00.


Durante a mesma pincharán varios DJ's como B-Flecha, Fonkid, Mwëslee ou Misterchoco.


Os responsables do comisariado da exposición son Colectivo Latente e Dadá Gallery e organiza e patrocina Progreso 41 Urban Market.
Tódolos artistas e DJs participantes son vigueses, ou estreitamente vinculados a cidade.


Artistas plásticos participantes: Alberte Pereira, Alberto Granada, Bruno Baw, Cé Tomé, César Paredes, Cheph, Cristina Brea, Cristina Pontanilla, Felipe Carnotto, Iñaki Matilla, Javier Fernández de Lis, Judith Adataberna, Manuel Costa Parcero María R. Arias, Miguel Lubians, Puri Díaz, Ricardo Pardo, Roberto de la Torre, Rubén de Torres, Sandra MG, Sara Costas, Sergio Covelo, Thibaud Dupuy e Xavier Queipo.

DJ's: Mwëslee, Bflecha, Ash, Fonkid, Galis 115 e Misterchoco.

Datas de apertura: Venres 2/12/16 - 20:00-00:00, Sábado 3/12/16 - 20:00-:00:00 e Domingo 4/12/16 - 12:00-16:00.

Mweslee es un joven artista y productor afincado en Vigo. Después de tocar el bajo en diferentes grupos de rock locales mientras devoraba toneladas de hip-hop, en 1996 comenzó su andadura como dj con sesiones en diferentes clubs y destacando por su menú con rap y acid jazz como principales ingredientes. En enero de 2006 lanza su primer 12", 'Megaplast EP', con el sello alemán Kindred Spirits. Su trabajo ha recibido el reconocimiento internacional de diferentes emisoras de radio y prestigiosos DJs tales como Gilles Peterson (BBC), Ben Mono (Compost), Benji B (BBC 1Xtra), Huw Stephens (One Music/One World) o Andrew Jervis (Ubiquity), además de aparecer en las listas de lo mejor del año en un bien puñado de revistas. En 2010 lanza al mercado su segunda entrega: 'Eurocarne EP', también bajo el auspicio de Kindred Spirits.

BFlecha es una productora, Dj y vocalista afincada en Vigo (España) que, a pesar de su juventud, lleva tras de sí una dilatada carrera, donde ha pasado por diferentes estilos y formaciones. Tras curtirse en muchos escenarios a lo largo de la península (incluidos varios festivales como Sónar o Urban Funke), Portugal, Alemania y Reino Unido, decide volcarse en solitario con su proyecto en solitario, que tras años moldeando un sonido y personalidad propias, por fin ve la luz en marzo de 2010.

Galis 115 . Residente do club Ruralita (Vademecum) de Vigo, produtor radiofónico e sobre todo DJ, as sesións de Galis115 son un desafío para a memoria: entre os seus momentos de downtempo, trip-hop, hip-hop instrumental e electrónica experimental cóanse múltiples referencias á cultura popular (bandas sonoras de películas, discursos históricos...) sen que un apenas se decate.

Misterchoco. También conocido como Doc Manhattan, es uno de los personajes necesarios para comprender la escena musical gallega: en el 84 pincha en El Manco y Ruralex, en el 86 en el Vanitas Vanitatis y Radio KO, en el 85 abre Star Discos, en el 90 comienza su programa de radio "Cara B" en los 40 Principales, en el 91 abre LSD y trae la cultura de club al sur de Galicia, y en el 94 se marcha a Bruselas, donde vive, alternando clubs como Up&Down, Dalí o Yorgoland.

Fonkid impulsor de los eventos under the ball donde expone varias disciplinas de la cultura disco (graffiti, documentales, radio en directo). Fonkid es un joven, pero veterano Dj especialista en la cultura disco y divulgador de la misma en buena parte de nuestra geografía. La cuidada selección de fonkid le ha llevado a tocar en referenciales locales Lounge de Ibiza como Kumharas, La Ruche (Suiza) estación de esquí de manzaneda.

 

 

 

Cé Tome
Artista plástico e multimedia. Membro de Latente (Galicia) e Twin Pics (Bélxica) Dende 1.999 vive e expón a súa obra en ambos países, en salas como Mome, Zazoo, Eureka, Baki, Dispara, Arco e o CGAC.

Cristina Brea Vigo, 1973
Licenciada en Belas Artes, como parte do colectivo ALNorte expón na Sala Sargadelos en decembro de 2015, no contexto do Outono Fotográfico. Ao tempo é galardoada cun accésit no I Concurso de Narración Fotográfica Clínicas Dentales Susana Santeiro. Participa en Eclecticidade "Diálogos coa imaxe contemporánea en Vigo" en agosto dese mesmo ano na Casa das Artes de Vigo. Seleccionada en SCANOFF 2014, así como no festival VISIÓNS 2014.

Paula Pez Vigo, 1981
Son fotografía. Son vídeo. Son bióloga. Comezo a voar no mundo da imaxe por necesidade persoal. Os bechos, a natureza e a soidade son o que más me motiva. Desde hai máis de tres anos a bioloxía ocupa un lugar secundario na miña vida. Realizo proxectos fotográficos a nivel persoal e traballo para unha produtora audiovisual (Verve Creative Group).

Puri Díaz
Licenciada en Belas Artes na especialidade de Imaxe pola Universidade Autónoma de Barcelona o seu pai despertou o seu interese pola fotografía dende a súa máis tenra infancia. En constante formación realizou diferentes cursos e obradoiros e ten colaborado activamente na idea, o deseño e a produción dos libros da colección "fotoxoguete" dedicados a primeiras
figuras da fotografía Galega

Ricardo Pardo
Curso de fotografía e revelado analóxicos. Vigo 1998. Curso de fotografía analóxica con José Gago (Químico Fotográfico).Pontevedra. 2000. Curso con José Gago, baseado na utilización dos seus reveladores. Marín 2008.
Exposicións: Colectiva. 200M, concello de Vigo. Vigo, 09 2014. Colectiva ."Eclectricidade" Casa Das artes. Vigo, 08 08 2015. Individual. Ricardo Pardo fotografías, Dinamo Coworking,2015.

Roberto de la Torre Vigo, 1978
A súa obra desenvolve unha linguaxe fotográfica que permite ao espectador a liberdade de interpretar unha realidade diferente á súa propia. A simbiose entre home e natureza, a mitoloxía e a simboloxía en Galicia compoñen o groso da súa obra documental.

Rubén de Torres Vigo, 1968
Fotógrafo autodidacta, participou en diversos obradoiros impartidos por Joan Fontcuberta, Eutropio Rodríguez, Carlos Puga ou Juan Valbuena. exposicións; Fotobienal de Vigo en 1996, "O feito fotográfico" - A colección fotográfica do Concello de Vigo, a exposición 200M Alcaldía do Concello de Vigo en 2014 e "28x40x11" na Galería "Piso Dos" e no Ateneo Ferrolán. Comisario da exposición "Eclecticidade" (Concello de Vigo). Por último, salientar que é Presidente do Colectivo Latente e Organizador do "Photobook Club Vigo".


Sandra Mg Vigo, 1990
É unha fotógrafa viguesa que, após traballar e expor en Londres e Barcelona, regresa a Galicia para continuar os seus estudos artísticos. Na actualidade reside e traballa en Vigo, formando parte da axencia de fotógrafos White Collective e compaxinándoo cos seus estudos en Belas
Artes. Aínda que a meirande parte do seu traballo consiste en fotografía analóxica, este último ano autoeditou o seu primeiro fotolibro composto exclusivamente por imaxes tomadas cun teléfono móbil.

Xavier Queipo (Compostela, 1957).
Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego É autor, entre outros libros, de: " Extramunde" ( Premio Xerais de Novela 2011, Premio Arcebispo San Clemente); e "Os Kowa" ( Premio Eduardo Blanco Amor 2015) . Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (2014). Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano.

Sara Âlver Vigo, 1991
Estudiei Fotografía Artística na EASD Antonio Faílde e gradueime en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Grazas a diferentes bolsas de estudos vivín en Bruxelas e Buenos Aires, onde me empapei das súas culturas e paisaxes. Ao rematar as miñas viaxes, volvín a miña
cidade natal na que realicei a miña primeira exposición individual, "Ruta 40" no espazo White Collective.

Thibaud Dupuy CHALON SUR SAÔNE, 1972
Fotógrafo amateur francés, reside en Vigo desde hai 18 anos.

Alberte A. Pereira
Fotógrafo autodidacta e independente. Meu interese pola fotografía, fixo que realizara cursos e talleres con fotógrafos como José Manuel Navia, Eduardo Momeñe, Óscar Molina, Marcelo Caballero ou Jordi Beltri. As miñas imaxes teñen sido publicadas en medios escritos e dixitais e foron expostas en salas de Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lisboa, Miami, San Francisco, Londres...

Felipe Carnotto. Fotógrafo documental. Nado en Sao Paulo. 1986.
É licenciado en Comunicación Audiovisual pola UPSA de Salamanca. Entre os seus traballos, destaca a cobertura da crise dos refuxiados. Ten obra na colección da Deputación de Pontevedra e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Agora está a desenvolver un proxecto documental que abranga o fenómeno migratorio dunha forma global, desde Turquía a Alemaña.

Cristina Andres Pontanilla.
Profesora en Estudio fotografía C.Pontanilla y Fotógrafo. Foto Tek-Fest.Diseño/Foto grupo PRESUMIDO.

Sergio Covelo 12 de Maio de 1976
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, facultade de Pontevedra. Formou parte do colectivo Polaqia dende 2002 ata a disolución no 2011. Publicacións 敵olfi・ 釘arsowia・ 滴2Oil・ 鼎igo Cero・ "Barsowia en llamas" (Ed. Dolmen) "Capital" (Ed. De Ponent) "Bajo asedio" (Ed. Polaqia) Campos nos que traballa Deseñador gráfico e ilustrador en eidos coma a ilustración editorial e dixital, ou a Banda Deseñada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones