Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Alevíns e benxamíns do Tyde F.C. participan no Torneo Internacional de fútbol en Versmold

Este mércores celebrouse unha recepción na casa do Concello antes da súa viaxe. Estarán catro días na cidade alemá

Este mércores celebrouse unha recepción na casa do Concello antes da súa viaxe. Estarán catro días na cidade alemá

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Junio de 2023

Fuente: Concello de Tui

Na mañá deste mércores celebrouse unha recepción aos 11 xogadores e a xogadora do Tyde F.C. que van a participar no Torneo Internacional de Versmold, onde compartirán experiencia con clubs de 12 países. Foron recibidos no salón de sesións da casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez.

No acto participaron tamén o presidente do Tyde F.C., Elías Vieiro e o director deportivo do club, José Manuel Quintana. Estiveron presentes os 11 xogadores e a xogadora acompañados polos seus adestradores, Samuel, José Paz e Raúl.

O alcalde de Tui en funcións, Enrique Cabaleiro, animou aos xogadores e xogadora que participarán neste torneo a desfrutar “desta experiencia marabillosa”. Apuntou tamén que este ano cumpríronse 10 anos da formalización da irmandade entre Tui en Versmold “xurdida das e dos tudenses que emigraron a este cidade alemá para buscar un futuro mellor”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez, agradeceu no acto ao Tyde F.C. a “coordinación deste evento e por ser a representación de Tui en Versmold”. Asemade, indicou que “dende a concellería de Deportes entregarémosvos uns obsequios para os nosos irmáns alemáns”.

O presidente do Tyde F.C., Elías Vieiro, e o director deportivo, José Manuel Quintana, amosaron hoxe o seu “orgullo por poder representar ao concello de Tui neste torneo” e agradeceron a oportunidade “única” que poderán vivir os e a xogadora de participar nun torneo internacional.

Deste xeito o Tyde F.C. volve esta fin de semana de novo a participar neste Torneo Internacional en Alemaña.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí