Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alfonso Rueda destaca o modelo de xestión de Cristina Correa: -A alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa-

O presidente provincial, acompañado por Ana Pastor, puxo en valor a un equipo preparado para gobernar e que aúna o talento cunha importante capacidade de traballo.

A candidata á Alcaldía presenta a lista de 17 persoas coa que concorrerá ás eleccións municipais cun programa baseado no urbanismo, o fomento da economía, as melloras fiscais ou a recuperación do patrimonio.

Fecha: 17 de Mayo de 2019

Fuente: PP Pontevedra

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe o modelo de xestión de Cristina Correa, baseado na cercanía aos veciños e nos proxectos útiles mantendo as contas saneadas. Deste xeito, definiu a Correa como "a alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa" durante os vindeiros catro anos, chamando a unir o voto en torno a súa candidatura, composta por un equipo de xente "preparada e moi motivada" a fin de obter unha maioría ampla e clara o 26 de maio.

"Cristina é unha persoa nova pero que xa ten experiencia na responsabilidade de goberno, que aúna o talento coa capacidade de traballo e que presenta un proxecto integrador e con propostas para todos", dixo Rueda durante a súa intervención nun mitin, no que tamén participou Ana Pastor, que serviu de presentación da lista que acompañará a Cristina Correa na súa candidatura á Alcaldía.

Tras destacar a valentía da candidata e do seu equipo "por dar un paso adiante para tentar mellorar a vida dos seus veciños", o presidente provincial incidiu en que os populares "saen con moita ilusión, con moitas propostas para os concellos e coa intención de gañar" nas eleccións municipais. Nesta liña, apelou a traballar con intensidade e destacou ao PP como un partido unido, traballador e que ten experiencia. "Unha garantía de estabilidade, compromiso e saber facer".

Pola súa banda, Cristina Correa indicou que si sae reelexida Oia continuará "na senda do avance en positivo", con políticas orientadas a axudar aos veciños, a manter o bo clima social e sempre con vocación de servicio. Igualmente, tras agradecer a lealdade e o esforzo do seu equipo, a candidata desgranou algunas das propostas máis importantes do seu programa, entre as que citou o obxectivo de desbloquear o PXOM, o fomento da actividade económica e do emprego, as melloras fiscais, a recuperación do patrimonio, a aposta polo medioambiente e as políticas sociais ou a eficiencia enerxética.

Finalmente, Cristina Correo presentou ás 17 persoas que componen a súa lista de cara ás eleccións do 26 de maio

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí