Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alumnado de 1º de bacharelato do IES A Sangriña solicita para a Serra da Groba unha figura de protección

Atrás quedan proxectos de campos de golf e parques eólicos que ameazaron con alterar para sempre este territorio.

A crecente sensibilidade da cidadanía hacia a necesidade de creación de espazos protexidos que protexan e conserven a contorna e a crecente actividade do turismo de natureza, abre un potente abano de oportunidades

Fecha: 27 de Julio de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Despois de dous anos desenvolvendo un proxecto multidisciplinar coordinado polo profesor do Departamento de Ciencias Naturais, Dr. Juan Hermida, o alumnado de 1º de bacharelato do IES A Sangriña solicita ás administracións públicas unha figura de protección para a Serra da Groba.

Xunto á súa solicitude, apoiada polas sinaturas das nais e pais dos 22 alumnos e alumnas que promoven esta iniciativa, acompañan unha memoria que recolle os moitos valores ecolóxicos, faunísticos, florísticos, patrimoniais, xeolóxicos e etnográficos que xustifican a creación dunha figura de protección que garanta a súa mellora, protección e conservación.

A Serra da Groba alberga hábitats, flora e fauna que as directivas europeas obrigan a protexer e conservar. Destacan as brañas, a herpetofauna (anfibios e réptiles) a avifauna (aves), a flora e múltiples especies endémicas. Xunto a estes valores medioambientais atópanse na Serra da Groba numerosísimos elementos patrimoniais históricos como os gravados rupestres ou as mamaos, sobre os que a Comunidade de Montes en Man Común de Oia está xa a desenvolver un intenso labor de posta en valor e difusión. Estes restos prehistóricos son testemuña dos cambios que as poboacións humanas foron exercendo na súa contornae dende hai aproximadamente 4000 anos, froito da súa relación co territorio. Ata hoxe chegan ata nós elementos etnográficos tradicionais como os curros ou os muiños.

A Serra da Groba dende un punto de vista xeolóxico, posúe elementos que narran a historia da evolución da codia terrestre dunha das zonas máis antigas de Europa, unha verdadeira aula ó aire libre onde quedaron rexistrados no seu relevo a formación do macizo ibérico, os continuos cambios do nivel do mar ou a separación dos continentes europeo e americano hai aproximadamente 200 millóns de anos.

Sen embargo, a Serra da Groba, por atoparse nunha das zonas máis poboadas de Galicia e que soporta unha gran presión demográfica non está exenta de riscos e ameazas que poñen en perigo a súa protección e conservación. A acción humana extinguíu da Serra da Groba o lobo do que ainda quedan na memoria colectiva os últimos once lobos que se viron e as últimas cacerías de lobos. O aproveitamento agrogandeiro mudou a vexetación a través do uso do lume e as explotacións forestais transformaron o bosque autóctono en monocultivos de piñeiros e eucaliptos.

Como consecuencia das actividades humanas achegáronse outros retos medioambientais como os incendios forestais ou as especies exóticas invasoras. Atrás quedan proxectos de campos de golf e parques eólicos que ameazaron con alterar para sempre este territorio.

A crecente sensibilidade da cidadanía hacia a necesidade de creación de espazos protexidos que protexan e conserven a contorna e a crecente actividade do turismo de natureza, abre un potente abano de oportunidades no eido do turismo de natureza no seu máis amplo sentido (incluídas as actividades humanas) que podería contribuir á dinamización da economía local. Sen embargo, o escaso coñecemento que se ten acerca da Serra da Groba dificulta a adopción de medidas concretas por parte da administración pública.

Estamos diante dunha ocasión única para materializar unha xestión sostible do territorio que faga compatible a preservación, mellora e conservación dos nosos recursos co desenvovemento de actividades humanas e económicas que a admnistración pública non pode seguir ignorando.

Pódese descargar a memoria en pdf no enlace:
http://contratosprograma.blogspot.com/2019/06/a-serra-da-groba-terra-de-contrastes.html

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones