Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alumnado de FP do IES A Sangriña realiza as súas prácticas académicas en Lisboa

Un total de 10 estudantes e 2 docentes participan no proxecto de mobilidade europea no marco do programa Erasmus+.

Un total de 10 estudantes e 2 docentes participan no proxecto de mobilidade europea no marco do programa Erasmus+.

Fecha: 08 de Junio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O alumnado de Formación Profesional (FP) do IES A Sangriña está a participar no programa Erasmus+ coa realización das súas prácticas académicas en Lisboa.

Un total de 10 alumnas e alumnos de FP permanecen dende abril no país veciño, co obxectivo de adquirir novas ferramentas profesionais complementarias á súa formación académica, ao tempo que se familiarizan e integran no mercado laboral europeo.

Segundo explica a coordinadora do proxecto, Teresa Álvarez, a celeridade das transformacións socioeconómicas fai necesario «que o alumnado poña en práctica os coñecementos específicos das súas especialidades en contexto diferentes aos habituais», adaptándose á realidade laboral internacional.

Os estudantes foron seleccionados seguindo criterios académicos e atendendo ao seu interese no proxecto e as súas competencias socias e lingüísticas. Froito desta escolma, alumnas e alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (Abigail Likos, Paula Vidal, Iván Rodríguez e Neftalí González), do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos (Alejandro Rodríguez e Daniel de Olveira) e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Pablo González e Manuel Á. Silva) permanecen dende o 3 de abril no país veciño.

A súa estadía prolongarase durante 80 días, nos que cursarán o módulo profesional de Formación en Centros de Traballo (FCT) en empresas da capital lusa. Amais deles, dous alumnos da FP Básica de Mantemento de Vehículos (Brian Rodríguez e Manuel Dorna) tiveron oportunidade de participar no proxecto cunha estadía que comezou o 23 de abril e prolongarase durante 60 días nun centro de traballo relacionado coa súa especialidade formativa. Así as cousas, o alumnado retornará á Guarda o vindeiro 22 de xuño, tras meses de inmersión laboral e cultural no país veciño.

O proxecto de mobilidade europea incluíu nesta ocasión a participación de dous docentes, que realizaron un período de observación («job shadowing») nunha empresa portuguesa o pasado mes de maio. Durante a súa estadía, dunha semana de duración, os mestres coñeceron o funcionamento e estrutura dun negocio luso e intercambiaron coñecementos sobre métodos pedagóxicos e laborais con responsables e traballadores.

Esta experiencia permitirá que «os estudantes que non participan no programa se beneficien dos coñecementos e a experiencia adquirida» tanto polos seus docentes como polos compañeiros e compañeiras participantes nesta inmersión no mercado laboral estranxeiro, explica Teresa Álvarez.

O instituto guardés participa no programada de mobilidade europeas Erasmus+ dende 2014. Ata o momento, téñense beneficiado preto de medio centenar de alumnos e alumnas das tres familias profesionais impartidas no centro, coa realización da FCT en países como Italia, Reino Unido e Portugal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones