Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ALUMNOS DE DIFERENTES CENTROS ESCOLARES VISITAN OS MURAIS DA INICIATIVA -DEBUXANDO OS MEUS DEREITOS- NA GUARDA

Os rapaces e rapazas puideron ver os seus murais colgados e ver aqueles que fixeron os nenos e nenas de outros centros.

Os rapaces e rapazas puideron ver os seus murais colgados e ver aqueles que fixeron os nenos e nenas de outros centros.

Fecha: 02 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

Os alumnos e alumnas de diferentes centros escolares visitaron os murais creados por eles mesmos dentro da iniciativa "Debuxando os meus dereitos". Os rapaces e rapazas puideron ver os seus murais colgados e ver aqueles que fixeron os nenos e nenas de outros centros.

Por exemplo, polo Concello, onde se atopan catro dos murais, pasaron a velos en dúas ocasións os nenos e nenas do Colexio San Xerome Emiliani, que posaron para unha fotografía fronte o seu mural.

Ademais, en dous grupos en diferentes días, os nenos e nenas de Educación Infantil do colexio Padres Somascos, tamén pasaron polo concello para poder ver o seu mural colgado. En ambas ocasións, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tivo a ocasión de charlar e pasar un rato con eles.
Os alumnos tamén quixeron posar fronte a súa creación para unha fotografía.

Os oito murais, feitos polos nenos e nenas dos colexios guardeses, decorarán os diferentes edificios municipais ata o próximo venres, 4 de decembro. Hai tres expostos no Concello e outros tres no Centro Cultural. Ademais haberá un colgado na Piscina Municipal e outro decorará o Centro de Saúde.

Esta iniciativa promovida polo Concello da Guarda en colaboración con diferentes centros escolares, nace coa idea de conmemorar o Día Universal dos Dereitos da Infancia.


A finalidade desta campaña é concienciar a cidadanía sobre a importancia dos dereitos na infancia facendo que eles mesmos sexan os principais protagonistas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones