Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alumnos de Oia participaron nun proxecto sobre Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

A actividade, na que participaron os centros educativos CEIP Refoxos e CEIP Mestre Manuel García, pretendía sensibilizar ás nenas e nenos sobre a importancia da diversidade para alcanzar a igualdade de xénero.

A actividade, na que participaron os centros educativos CEIP Refoxos e CEIP Mestre Manuel García, pretendía sensibilizar ás nenas e nenos sobre a importancia da diversidade para alcanzar a igualdade de xénero.

Fecha: 30 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Oia

Para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, O Concello de Oia e a Deputación de Pontevedra organizaron ata o pasado 16 de novembro a 2ª edición do proxecto "Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero" centrado, desta vez, na diversidade.

A actividade, na que participaron os centros educativos CEIP Refoxos e CEIP Mestre Manuel García, pretendía sensibilizar ás nenas e nenos sobre a importancia da diversidade para alcanzar a igualdade de xénero.

O proxecto, dirixido a alumnado de Primaria, desenvolveuse en tres sesións onde, a través do xogo, traballáronse os estereotipos, a importancia de respectar os demais e a diversidade no ámbito da familia.

As actividades desenvolvéronse durante outubro e novembro e foron impartidas por Talentea RRHH.

Finalización da Escola de Nais e Pais:
O 30 deste mes remata o proxecto "Escola de Nais e Pais" que desenvolveu o Concello de Oia entre outubro e novembro nos centros educativos CEIP Refoxos e CEIP Mestre Manuel García.

Durante as seis semanas que durou a actividade procurouse dar resposta os interrogantes que mais preocupaban as familias que participaron no proxecto. Concretamente, tratáronse temas como a comunicación paterno-filial, as pautas de comportamento, a intelixencia emocional, a hiperactividade, o acoso escolar, entre outros temas.

Durante as devanditas sesións tentouse fomentar unha rede de apoio entre as familias participantes co obxectivo de poñer en común as pautas educativas que empregan coas súas crianzas e que facilitan a vida e a convivencia familiar.

A educadora familiar do Concello, Mercedes Vilar, tratou de moderar o encontro e facilitar a información necesaria para desenvolver relacións paterno-filiais dende unha perspectiva positiva.
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones