Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alumnos do CPI do Rosal realizan un proxecto que mistura a tecnoloxía e a lingua galega

O alumnado de 2º ESO do CPI do Rosal traballaron nun bonito e innovador proxecto que combina a Tecnoloxía e a Lingua galega.

O alumnado de 2º ESO do CPI do Rosal traballaron nun bonito e innovador proxecto que combina a Tecnoloxía e a Lingua galega.

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Junio de 2016

Fuente: Concello de O Rosal / Helena V

O alumnado de 2º ESO do CPI do Rosal traballaron nun bonito e innovador proxecto que combina a Tecnoloxía e a Lingua galega.
 
Consiste en visualizar pequenos videos de poemas de Manuel Maria recitados por alumnos e alumnas do colexio Manuel S. Marquier. Cada poema está vinculado a unha imaxe debuxada no parque da Praza do Calvario, na entrada da Biblioteca municipal e outras espalladas polos distintos barrios do Rosal.
 
Xunto a estas imaxes atópanse as instrucións para escoitar os poemas do noso poeta galego, homenaxeado no Dia das Letras Galgas deste ano. !Parabéns ao alumnado e ao profesorado implicados nesta iniciativa!

 
 
A profesora de Tecnoloxía e mais o alumnado de segundo da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier decidiron facerse esta pregunta coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas en homenaxe ao poeta Manuel María, e o resultado foi un proxecto no que se puideran transformar os seus poemas en imaxes, e logo estas en vídeos nos que os estudantes recitan os mesmos. Escolléronse trinta e dous poemas do autor e buscáronse imaxes esquemáticas -unha por cada un deles- que os representaran ou que tiveran relación co seu tema ou o seu título de xeito que, ao ser escaneadas cun programa de realidade aumentada, este as enlazara cun vídeo no que unha parella de estudantes aparece recitando o poema correspondente. Ao mesmo tempo, o centro anda a traballar noutro proxecto chamado ‘Cidades Visibles e Cidades Invisibles' polo que se decide que a forma de plasmar as imaxes de xeito que poidan ser escanadas sexa a mesma que a da arte urbana, os graffitis. Isto permite a maiores, a oportunidade de que o proxecto poida saír do centro e vinculalo co resto da comunidade. No taller de Tecnoloxía, os estudantes realizan siluetas de cada unha das imaxes en contrachapado para logo poder facer os graffitis en distintos lugares, de forma rápida e sen necesidade de ter unhas especiais habilidades artísticas, simplemente proxectando a pintura sobre a silueta cun spray.

O proxecto ensáiase por primeira vez no Centro, onde todos os estudantes, disfrazados coma verdadeiros artistas urbanos, toman o interior (por razóns meteorolóxicas obvias) por grupos e con varias siluetas debaixo do brazo, colocando os trinta e dous graffitis polos corredores en menos de dúas horas. Máis tarde, e chegado o bo tempo, co acordo da responsable de Cultura do Concello de O Rosal, decídese repetir os graffitis en paradas de bus, na zona de xogos infantís da Praza do Calvario, no corredor de acceso á Biblioteca
Municipal e no interior da Praza de Abastos da vila. Deste xeito, calquera persoa cun dispositivo móbil e a aplicación de realidade aumentada descargada pode escanear a silueta da parede e ver no vídeo a dous rapaces veciños recitando o poema.
O resultado é unha colaboración entre a comunidade educativa e as institucións que, ademais de achegar o labor docente á veciñanza, supón a mellora da calidade estética de lugares nos que non era habitual pousar a mirada. 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí