Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ampla programación de actividades para esta fin de semana na Guarda

A Guarda preparase para unha fin de semana chea de actividades para todos os gustos e todas as idades cunha ampla programación cultural e festiva.

A Guarda preparase para unha fin de semana chea de actividades para todos os gustos e todas as idades cunha ampla programación cultural e festiva.

Fecha: 23 de Junio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Programación para o Venres 22 de Xuño
 

O Centro Cultural da Guarda acolle ás 20:00h da tarde a obra de teatro "O Anel Máxico", obra escrita por Cándido Pazó, posta en escena polo Grupo de Teatro da Sangriña.


Destaca tamén nesta xornada o concerto de Liquen, integrado no programa musical "Música nas Prazas" ás 22:00h na Praza de Salcidos.


Ás 22:30h realizarase a primeira actividade da III Festa Castrexa, que consistirá nunha queimada popular na Rúa Cervantes(A Botica).

Programación para o Sábado 23 de Xuño


Ás 12:00h a Biblioteca Municipal da Guarda acolle unha nova edición de Contos Contados con teatro musical, maxia e circo con Payaso Piruleta.


A III Festa Castrexa congregará un bo número de actividades nesta xornada, ás 11:00h a Alameda da Guarda acollerá un obradoiro de espadas da man de AGUDE e ás 16:30h realizaranse dous obradoiros de espadas e cabaliños, no Auditorio de San Bieito e na Rúa Cervantes(A Botica) respectivamente. A partires das 21:00h a actividade céntrase no recinto do antigo Estadio do Tecla con oferta gastronómica e actuacións do Grupo Folk Na Revolta ás 21:30h e festival do Grupo Abobriga ás 00:00h. Ás 23:00h acenderase unha gran fogueira.


As tradicionais fogueiras de San Xoán congregarán pola noite a un bo número de veciños e visitantes en diferentes espazos do municipio, lume e meigas nunha noite especial ao carón das fogueiras.


O Centro Social O Fuscalho organiza tamén o Solsticio de verán ás 23:00h ao carón da Atalaia do Porto de A Guarda, que contará coas actuacións de Os Carballas e Zurrumalla, cunha foliada popular coma remate.

Programación para o Domingo 24 de Xuño

O domingo 22 de xullo a Asociación "Os Amigos" de Camposancos organiza o XIV Encontro de Palilleiras que congregará a máis dun centenar de persoas no Casino, un evento xa consolidado tal que como afirmou a súa organizadora Loli Portela, no que tamén se realizan sorteos e regalos de produtos para os asistentes. A inauguración oficial será ás 12:00h, e o evento realizarase entre as 10:00h e as 19:00h.

Na programación da III Festa Castrexa a partires das 11:00h o campo de fútbol de Chans no Monte Santa Trega será escenario de diferentes actividades coma unha mostra de artesanía e unha andaina guiada por Miguel Reboredo. Ás 12:30h realizarase a lectura do pregón a cargo de Francisco Álvarez(Koki) e xantar con música e actuacións de baile a cargo de grupos da Guarda. Ás 15:30h terá lugar unha exhibición de escultura e talla de madeira con motoserra e xogos populares para nenos e maiores. Para por o broche final a esta terceira edición ás 19:00h actuación de grupos de baile da localidade.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones