Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ana Pontón defendeu na Guarda un novo modelo urbano para persoas e para os coches

O BNG demanda créditos ao IGAPE á baixo custe para renovar a flota do palangre

O BNG demanda créditos ao IGAPE á baixo custe para renovar a flota do palangre

Fecha: 13 de Marzo de 2018

Fuente: BNG - Baixo Miño

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón comprométese co colectivo de pensionistas a ser "a súa voz" no Parlamento para exixir do goberno central unha subida que incremente "o seu poder adquisitivo".

Para a nacionalista, "Rajoy maltrata ás persoas pensionistas cunha subida do 0.25%" e denuncia que o Partido popular "traballe para beneficiar fondos privados" cortando o dereito a unha pensión digna. Reclamos, como mínimo unha subida equiparable a subida do coste da vida e que se "salvagarde o sistema de pensións público".

Por outra parte, tamén se comprometeu a pedir na Cámara galega que o goberno deixe de perseguir ás persoas pensionistas emigrantes retornadas como está a facer a través da Facenda española ao obrigalos a pagar máis que a un xubilado ou xubilada no Estado español.


O BNG demanda créditos ao IGAPE á baixo custe para renovar a flota do palangre

Ademais, na súa visita A Guarda, acompañada pola portavoz de pesca e deputada por Pontevedra, Montse Prado, o portavoz municipal, Anxo Baz e a responsable local, Bea Lomba, a portavoz do BNG mantivo un encontro coa directiva de ORPAGU (Organización de palangreiros guardeses) centrado no futuro da frota e nun sector no que se está a producir un importante relevo xeracional e con gran presenza no concello da Guarda. Pontón asegurou que o BNG trasladará ao Parlamento galego as demandas sobre as axudas para a renovación da flota. Neste sentido, explicou que os barcos do palangre contan con moitos anos e o marco da limitación da pesca "non permite a renovación plena desta flota" polo que se fai urxente "axilizar as axudas" destinadas a mellorar a eficiencia enerxética das embarcacións e as condicións de vida das súas tripulacións.

Resulta inconcibible, denunciou, que nun país como Galiza onde a pesca ten un papel tan relevante, teñamos un modelo "que financia a morte dunha flota " en vez dun sector pesqueiro do século XXI. A Unión Europea e o goberno central destinan "máis recursos a desguazar que a modernizar e renovar a flota". Unha flota dixo, que dende o reto da sustentabilidade acade máis capacidade para crear emprego.


Pontón afirmou que a modernización da flota suporía a actividade dos estaleiros coa construción de entre 20 e 30 barcos polo que anunciou que BNG defenderá "axudas para a renovación " ao que sumou "créditos a baixo custe dende o IGAPE" para resolver un dos principais problemas deste sector estratéxico para a Guarda e Galiza.

Un novo modelo urbano para persoas e para os coches

Dende o BNG, manifestou defendemos un novo concepto de mobilidade no concello da Guarda no que o centro sexan as persoas e non os vehículos apostando por espazos e entornos nos que o pequeno e mediano comercio conten con vida e apoio.

Nesta liña, o BNG traballa en diferentes iniciativas dende o concello e a Deputación de Pontevedra para construír A Guarda do século XXI, unha vila accesible e pensada para as persoas superando o espazo urbano para almacenar coches.

A portavoz do BNG insistiu na necesidade de apostar polo pequeno e mediano comercio para xerar actividade económica nunha vila cunha capacidade enorme dende o punto de vista turístico pero que precisa un novo modelo urbano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones