Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ANABAM ORGANIZA UNHA LIMPEZA COSTEIRA O DOMINGO 22 DE MARZO EN OIA

O concello de Oia colabora encargándose de retirar as bolsas de lixo recollidas durante o desenvolvemento desta actividade dende o Porto de Oia ata a zona de Xilias, un fermoso recuncho do litoral baixomiñoto.

O concello de Oia colabora encargándose de retirar as bolsas de lixo recollidas durante o desenvolvemento desta actividade dende o Porto de Oia ata a zona de Xilias, un fermoso recuncho do litoral baixomiñoto.

Fecha: 19 de Marzo de 2015

Fuente: Anabam

Este ano ANABAM organiza unha limpeza pola costa que se iniciará no Porto de Oia o vindeiro domingo 22 de marzo a partir das 10.00 h, tendo como punto de encontro a zona de aparcamento que hai por debaixo do mosteiro, a carón da desembocadura do regato Lavandeira (ver situación e coordenadas no mapa que se adxunta).

Esta actividade enmárcase tamén dentro da edición número 20 das "Iniciativas Oceánicas" que ven desenvolvendo por todo o mundo con gran éxito dende o ano 1996 a "Surfrider Foundation Europe". Este ano ten como obxectivo fomentar un cambio de comportamento por parte da veciñanza para reducir a produción de residuos, baixo o lema "Cada vez que realizamos unha compra, é o mar o que paga.Cambiemos os nosos hábitos de consumo". De feito, arredor de 6,6 mil millóns de quilos de residuos chegan ao medio mariño cada ano, dos cales aproximadamente o 80% son de orixe terrestre, sendo os seres humanos os únicos culpables; polo tanto, somos nós quen temos que tomar medidas. Unha delas é participar activamente neste tipo de accións de sensibilización ambiental, accións que se poden desenvolver en familia.

 

 

Anímate e participa!

 

Prégase que toda persoa interesada en participar nesta acción de sensibilización ambiental se rexistre a través dos seguintes enderezos de correo electrónico: anabam.anabam@gmail.con ou pombal@uvigo.es,

indicando o número de persoas que van a participar e o seu nome completo. Nestes enderezos electrónicos tamén se pode solicitar máis información.

 

 

 



 

Lembrade de traer calzado e roupa cómoda (e vella). Hai que ter en conta que fora da praia do porto de Oia, haberá que andar polas rochas do supralitoral. Tamén podes traer as túas luvas para recoller o lixo, aínda que a organización terá luvas dispoñibles de dous ou tres tamaños. Tamén haberá tinóns e sacos para facilitar a recollida do lixo e o seu posterior almacenamento. Trataremos de separar o material recollido en plásticos, vidro, metais (latas e chatarra) e papel; ademais tentaremos separar todo aquilo que poida ser reutilizado dentro da campaña que ven desenvolvendo ANABAM dende hai máis de 6 anos, como poden ser boias, cortizas, cordas, etc., aparte dos tapóns plásticos que serán destinados aos proxectos de Banta (banco de tapóns con sede no concello de Tomiño). Toda esta información será fornecida á Surfrider Foundation Europe dentro do informe final da actividade.O programa ten como obxectivo reducir os residuos mariños desde a súa orixe, residuos que son orixinados polos humanos, que os abandona voluntaria ou involuntariamente en terra firme e no mar e que entran directa ou indirectamente no medio acuático. A maioría do lixo mariño afúndese no mar, mentres que o resto queda flotando na auga ou ben arrastrado cara ás praias e ribeiras. As recollidas de residuos en praias, lagos, ríos, litoral e fondos mariños forman parte das actividades educativas para concienciar á sociedade en xeral. A información recadada durante as actividades permiten realizar un balance xeral coa finalidade de mellorar o marco lexislativo europeo. Compre sinalar que nas iniciativas oceánicas participan cada ano unhas 60.000 persoas, das cales uns 30.000 son escolares, repartidas nunhas 1.250 recollidas realizadas en 17 países europeos.

O concello de Oia colabora encargándose de retirar as bolsas de lixo recollidas durante o desenvolvemento desta actividade dende o Porto de Oia ata a zona de Xilias, un fermoso recuncho do litoral baixomiñoto.

Ao remate da actividade, entregarase algún agasallo a todos os participantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones