Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ANABAM solicita á nova corporación que se restaure a legalidade vixente en materia de medio ambiente en A Guarda

ANABAM informou ao Concello de A Guarda que, desde o ano 2007 vense producindo un imcumprimento sistemático da lexislación ambiental vixente, sendo a día de hoxe seis leis e unha estratexia nacional as que se vulneran.

ANABAM informou ao Concello de A Guarda que, desde o ano 2007 vense producindo un imcumprimento sistemático da lexislación ambiental vixente, sendo a día de hoxe seis leis e unha estratexia nacional as que se vulneran.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Octubre de 2023

Fuente: Anabam

ANABAM informou ao Concello de A Guarda que, desde o ano 2007 vense producindo un imcumprimento sistemático da lexislación ambiental vixente, sendo a día de hoxe seis leis e unha estratexia nacional as que se vulneran. Neste senso, ANABAM recorda que as administracións locais deben cumprir os instrumentos lexislativos aprobados a nivel autonómico, estatal e europeo para manter a boa saúde do medio ambiente e da cidadanía, supondo, o incumprimento das medidas establecidas na lexislación ambiental unha degradación do medio natural que comporta infraccións e sancións  que deberá asumir a Administración local e, en consecuencia, toda a cidadanía. Por todo isto ANABAM solicita a restauración e respecto da legalidade vixente en materia de medio ambiente dentro das competncias da administración local. En particular:

 

  1. Reutilización das augas depuradas para a limpeza das rúas e o rego de zonas verdes urbanas de acordo co establecido no “Real Decreto 1620/2007, do 7 de decembro, polo que se establece o réxime xurídico da reutilización das augas depuradas”.
  2. Modificar a iluminación dos edificios públicos para cumprir o “Real Decreto 1890/2008, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior” no que se indica que a iluminación ornamental deberá realizarse preferentemente en sentido descendente para reducir a contaminación lumínica.
  3. Defender o patrimonio natural e os dereitos da cidadanía fronte ao proxecto do Parque Eólico Toroña que non considera ao Concello de A Guarda como afectado e, por conseguinte, beneficiario do Fondo de Compensación Ambiental a pesar de que o termo municipal encóntrase dentro da liña de delimitación poligonal do parque eólico vulnerando a “Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental”.
  4. Cumprir as medidas para a eliminación de alteracións da zona dunar polas que, de xeito xeral, as autoridades competentes promoverán medidas para eliminar aparcadoiros, pistas ou infraestruturas que degraden o cordón dunar e lograr o restablecemento da vexetación orixinal das zonas degradadas segundo o establecido no “Decreto 9/2014, do 23 de xaneiro, polo que se aproba o Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia”.
  5. Seguir as directrices establecidas no nomeado Decreto 9/2014 polo que se realizarán, por parte das autoridades competentes campañas de información e sensibilización das persoas usuarias das praias divulgando 1) a importancia da presenza de arribazóns de algas como elemento do ecosistema costeiro e non sucidade, 2) a responsabilidade da recollida do lixo derivado da actividade humana pero o mantendo os restos de arribazón que só serán eliminados cando afecten á calidade da auga e 3) a necesidade de eliminar os puntos de recollida de lixo (papeleras) pois a presenza de restos orgánicos é un reclamo para a presenza de depredadores oportunistas.
  6. Respectar os principios da “Estratexia para o control, xestión e posible erradicación do Avispón asiático ou Avespa negra (Vespa velutina ssp. nigrithorax) en España” do ano 2015 eliminando a recomendación do trampeo masivo por parte da cidadanía.
  7. Cumprir a nivel municipal a “Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular” coa instalación de composteiros comunitarios para a recollida selectiva da fracción orgánica no casco urbano de A Guarda.

Cumprir a “Lei 7/2023, de 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais” e, en particular, a implantación de programas de xestión de colonias felinas mediante a obrigatoria identificación e esterilización de tódolos gatos das colonias felinas do municipio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí