Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ÁNGEL BAZ: EN NINGÚN MOMENTO EXISTIU UNHA PROPOSTA DE PACTO DE GOBERNO CO BNG POR PARTE DO PSOE DA GUARDA

O PSOE manifestoulle ao BNG a súa intención de gobernar en minoría, polo que é incomprensible que agora pretenda romper unha negociación que non existiu.

O PSOE manifestoulle ao BNG a súa intención de gobernar en minoría, polo que é incomprensible que agora pretenda romper unha negociación que non existiu.

Fecha: 19 de Junio de 2015

Fuente: BNG - A Guarda

Ante as manifestacións aparecidas en prensa por parte do PSOE Guardés, o Bloque Nacionalista Galego ve necesario aclarar a realidade dos contactos producidos entre as dúas organizacións.

O BNG foi convocado a dúas reunións polo PSOE. Na primeira reunión os representantes do PSOE, entre os que se atopaba o xa alcalde Antonio Lomba, aseguraron non ter nada que dicir sobre o futuro goberno da Guarda e preguntaron ao BNG sobre a súa visión do novo goberno. A resposta do BNG foi clara: a responsabilidade de formar goberno correspóndelle ao candidato do PSOE, que conta con 7 concelleiros, e estamos dispostos a escoitar as súas propostas, mais non lle corresponde ao BNG a tarefa de formar un goberno cando nin sequera sabemos se o PSOE pretende gobernar en minoría como fixo os últimos catro anos ou buscar un pacto de goberno para a Guarda. Ante a indefinición do PSOE e a ausencia dunha proposta dase por rematada a reunión deixando claro que en canto o PSOE teña algunha proposta que facer o BNG estará disposto a reunirse novamente.

Na segunda reunión o primeiro que manifesta o PSOE é a súa intención de gobernar en minoría. Partindo desta base queda clara a vontade do PSOE de non negociar un pacto de goberno e gobernar en solitario.

"Onde ve o grupo do PSOE a negociación dun pacto de goberno co BNG cando manifesta a súa vontade de gobernar en solitario? Se nalgún momento o PSOE chegou a iniciar algún tipo de negociación de goberno dende logo non foi co BNG" declarou o portavoz municipal nacionalista Ángel Baz.

Nas declaracións aparecidas nos medios de comunicación o PSOE fai referencia a unha "proposta detallada" que lle presentou ao grupo nacionalista sobre a que empezar a achegar posturas. No seu momento o BNG xa fixo pública a súa opinión sobre a diferencia insalvable de prioridades que se reflicte nesa lista, mais se agora o PSOE describe esa lista como "detallada" o BNG ten que manifestar a súa profunda preocupación sobre a visión que o PSOE ten das prioridades da Guarda.

Como é posible que alguén que aspira a gobernar o concello nestes tempos inclúa na súa "proposta detallada" as dedicacións exclusivas e parciais do seu equipo de goberno e esqueza a promoción de emprego, os servizos sociais ou calquera medida dirixida aos que máis están a sufrir os efectos da crise na que estamos inmersos? manifestou Ángel Baz.

Dende o BNG entenden que a proposta presentada estea aberta ás achegas que o BNG poida aportar, e dende logo porán todo o seu esforzo para que estas cuestións de caracter social pasen ao primeiro plano no Concello da Guarda. O que consideran lamentable é que teña que ser o BNG dende a oposición quen lle lembre ao Alcalde da Guarda que as necesidades básicas das veciñas e veciños que peor o están a pasar deben ter cabida na súa "lista de mínimos" por riba das adicacións exclusivas que van cobrar os membros do seu goberno.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí