Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ANTONIO LOMBA E VARIOS ALCALDES GALEGOS VISITAN BRUXELAS PARA COÑECER O FUNCIONAMENTO E OS PROGRAMAS EUROPEOS AOS QUE SE PODEN ACOLLER OS CONCELLOS

Convidados polo Parlamento Europeo manterán varias xuntanzas coa Fundación Galicia-Europa e terán un encontro co eurodeputado socialista José Blanco

Convidados polo Parlamento Europeo manterán varias xuntanzas coa Fundación Galicia-Europa e terán un encontro co eurodeputado socialista José Blanco

Fecha: 20 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

Convidados polo Parlamento Europeo manterán varias xuntanzas coa Fundación Galicia-Europa e terán un encontro co eurodeputado socialista José Blanco

O rexedor guardés centrará a súa visita en coñecer os principais mecanismos de financiamento da UE para pequenos e medianos concellos con atención especial aos Fondos Europeos para a pesca e o programa Operativo de Cooperación Transfronteriza

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, na compaña de varios rexedores galegos entre os que se atopan tamén os de Silleda e Ponte Caldelas, Manuel Cuíña e Andrés Díaz, respectivamente, participan en Bruxelas nunhas xornadas sobre os diferentes programas de financiamento europeo que poden resultan de interese para a administración local.

A intención de Antonio Lomba con esta viaxe ao corazón da Unión Europea é dispoñer das ferramentas necesarias para elaborar programas de desenvolvemento local de carácter europeo que podan ser aplicados durante estes catro anos de lexislatura no municipio de A Guarda.

O amplo programa deseñado para os alcaldes inclúe diferentes xuntanzas con altos funcionarios da Unión Europea, coa Fundación Galicia-Europa e co Comité das Rexións así como varios encontros co eurodeputado socialista José Blanco que lles servirá de anfitrión e "cicerone" na súa incursión polo intricado labirinto das institucións comunitarias.

Os rexedores galegos visitarán tamén o emblemático hemiciclo parlamentario en Bruxelas e o coñecido como o Hall das Bandeiras onde realizarán unha fotografía oficial de toda a delegación de alcaldes que visitan estas institucións europeas.
Dende a Fundación Galicia-Europa tamén houbo poñentes que explicaron as súas experiencias que, segundo o alcalde guardés, poderían perfectamente ser contextualizadas nun entorno similar ao da comarca do Baixo Miño.

Antonio Lomba centrará a súa visita en coñecer os principais mecanismos de financiamento da Unión Europea para pequenos e medianos concellos, con atención especial aos programas de emprego e de promoción de políticas sociais. Ademais, o rexedor guardés, prestou especial atención aos Fondos Europeos para os Programas de Pesca e os Fondos Europeos para o Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza (POPTEC) .

A Unión Europea ofrece un amplo panorama de fondos de financiamento dirixidos, entre outros, a que os gobernos locais poidan impulsar o seu desenvolvemento social, económico e ambiental. No contexto do novo Marco Financeiro Europeo 2014-2020, e tras as eleccións municipais do pasado maio, as institucións europeas consideran relevante impulsar a participación das entidades locais galegas nas iniciativas que se desenvolven a nivel comunitario.

Por medio desta xornada, búscase capacitar aos alcaldes de Galicia sobre os diferentes programas de financiamento europeo que poden resultar de interese para a administración local. De maneira tal que, durante os próximos catro anos de goberno, os gobernos locais dispoñan das ferramentas necesarias para elaborar programas de desenvolvemento local de carácter europeo.

Favorecer a participación das entidades locais de Galicia nas convocatorias dos programas de financiamento europeo contará, entre os seus obxectivos primordiais, facer o mellor uso posible de todas as oportunidades que ofrecen os fondos comunitarios para a mellora do emprego na nosa rexión.

Xunto coa formación prevista, os representantes dos concellos coñecerán de primeira man o funcionamento das institucións europeas e o seu proceso de toma de decisións, con visitas de traballo ao Parlamento Europeo e á Comisión, profundizando así o seu coñecemento xeral da contorna comunitaria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones