Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Antonio Lomba solicita unha reunión coa Conselleira Beatriz Mato sobre a necesidade dun Auditorio na Guarda

Segundo manifestou o rexedor guardés, é preciso por en marcha o proxecto dun Auditorio, tan necesario para os veciños da Guarda

Imaxe dun dos proxectos cun posible emprazamentopara o Auditorio na Guarda ao carón do Castelo de Sta. Cruz.

Fecha: 07 de Abril de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Carta do Alcalde de A Guarda dirixidaá Conselleira da Xunta de Galicia Beatriz Mato.
 
Estimada Conselleira.

De novo me poño en contacto contigo para reiterar por escrito a solicitude dunha cita cando mellor conveñas, dado que despois da petición de xuntanza que che enviei con RS do concello nº 3281, de data 1 de decembro de 2016, non recibín resposta a pesar das reiteradas chamadas telefónicas que temos feito para saber como está o estado da nosa solicitude.

Traslado o contido daquel escrito para poñerte en situación.

Como recordarás en setembro de 2016 tiven a oportunidade de manter unha xuntanza contigo na sede da Consellería na que tamén estaba presente a concelleira de cultura do concello da Guarda. Naquela ocasión fixémosche entrega dun escrito no que argumentabamos a solicitude dun auditorio.

Tanto a concelleira como eu mesmo saímos satisfeitos daquela reunión xa que ambos entendemos que eras sensible ás demandas que che faciamos en nome dos veciños da Guarda e que había unha vía para que a Xunta fixera posible a construción dun auditorio na nosa vila. Daquela, dada a proximidade das eleccións á Xunta de Galicia, non adquiriche ningún compromiso en relación ao proxecto pero si nos emprázache a falar de novo no caso de que despois das eleccións seguiras mantendo o teu cargo.

Dado que continúas de responsable da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio diríxome de novo a ti para solicitar unha cita cando conveñas, na que retomemos a nosa solicitude co obxecto de poñer en marcha este proxecto tan necesario para os veciños da Guarda.

Dende aquela data tentamos manter vivo o proxecto dun auditorio para A Guarda. Mantivemos unha colaboración coa escola de Arquitectura Gallaecia de Vilanova de Cerveira na que un grupo de alumnos e alumnas nos fixeron propostas do proxecto do auditorio e tamén tivemos contactos coa Deputación para que colaboraran, cando menos, na redacción do proxecto.

Espero a túa resposta e que poidamos reunirnos en breve.
Recibe un atento saúdo.

O alcalde
Antonio Lomba Baz
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí