Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ANTONIO LOMBA TOMA O RELEVO DE FREITAS

O actual concelleiro de cultura e educación será o cabeza de lista da candidatura socialista

O actual concelleiro de cultura e educación será o cabeza de lista da candidatura socialista

Fecha: 19 de Enero de 2015

Fuente: Antonio Lomba

Antonio Lomba Baz, actual concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías, é, por decisión unánime dos socialistas guardeses, o candidato á alcaldía nas municipais de maio. Concelleiro dende o ano 2003, forma parte do goberno municipal dende o ano 2007; ten por tanto unha longa experiencia na vida municipal. A destacada política cultural do Concello nestes anos, así como unha estreita e proveitosa política educativa forman parte dos seus innumerables logros.

No campo profesional, Antonio Lomba é enxeñeiro e exerce como profesor de Tecnoloxía; nos últimos 14 anos no IES A Sangriña. O seu alumnado sabe da súa valía como profesor motivador. Os seus alumnos teñen recibido un bo numero de prestixiosos galardóns por proxectos innovadores.

Coñecida hai un tempo a decisión de Freitas de non repetir como candidato, a Agrupación Socialista iniciou os traballos para a determinación de novo candidato. Na liña histórica de relevo organizado, hoxe podemos anunciar que contamos cun inmellorable candidato. Rigor, responsabilidade e traballo son tres características fundamentais de Antonio Lomba.

Un grupo de traballo define xa as liñas de precampaña. O traballo feito nos últimos oito anos, un proxecto de futuro ambicioso e realista, unha boa lista e un mellor candidato serán as armas que poñeremos enriba da mesa para seguir contando co respaldo maioritario das guardesas e dos guardeses.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí