Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

APERTURA DAS INSCRICIÓNS PARA ACTIVIDADES ANUAIS NA OMIX DA GUARDA

A OMIX do Concello da Guarda informa que a partir do día 9 de setembro abrimos o prazo para a inscrición nas actividades anuais de: pilates, zumbale, aerobic e pintura

A OMIX do Concello da Guarda informa que a partir do día 9 de setembro abrimos o prazo para a inscrición nas actividades anuais de: pilates, zumbale, aerobic e pintura

Fecha: 10 de Septiembre de 2015

Fuente: Omix A Guarda

O Concello da Guarda xa ten aberto o prazo de inscrición para todos aqueles interesados en participar tanto Escolas Deportivas Municipais, coma nas Actividades Anuais programadas pola OMIX.

 

No caso das Escolas Deportivas Municipais, organizadas pola Concellería de Deporte, o prazo para anotarse está aberto ata o próximo venres 25 de setembro. Este ano o Concello oferta, para nenos comprendidos entre os seis e os 16 anos, clases de baloncesto e de pádel.

O horario para a práctica de baloncesto será os venres de 16 a 18 horas no pavillón de Solanas. O prezo ó mes é de 12 euros.

 

As clases de pádel serán en diferente horario dependendo da idade. Así os nenos de 6 a 9 anos irán os martes, os de 10 a 13 os mércores e os de 14 a 16 anos os xoves. Todos os días as clases serán de 16 a 17 horas. O prezo mensual é de 15 euros.

 

Aquel pai, nai ou titor que queira anotar o seu fillo ou filla deberá facelo no propio Concello. Para máis información poderán dirixirse ó correo deporte@aguarda.es , no facebook , no blog deporteaguarda.blogspot.com.es ou directamente no Concello.

 

Actividades da OMIX

 

Pola súa banda, o prazo para participar nas actividades organizadas pola OMIX do Concello da Guarda - pilates, zumbale, aerobic e pintura- tamén está aberto.

 

Os horarios previstos para o desenvolvemento das actividades son:

Pilates: martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas.

Aerobic: martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas.

Zumbale: luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas.

 

Para pintura o horario planificado será os xoves de catro a seis un grupo e o segundo de seis a oito horas.

 

Para a inscrición ou información de cada actividade todas as persoas interesadas terán que poñerse en contacto coa OMIX a través do teléfono 986614546, mail informacion@aguarda.es ou no perfil facebook.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones