Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aprobada a moción do BNG para un Plan de Mobilidade Sostíbel na Guarda

O Plan de Mobilidade Sostíbel debe de ir acompañado dun cambio de mentalidade á hora de iniciar calquera iniciativa en materia de urbanismo

O Plan de Mobilidade Sostíbel debe de ir acompañado dun cambio de mentalidade á hora de iniciar calquera iniciativa en materia de urbanismo

Fecha: 11 de Agosto de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción no pleno ordinario de xullo para que dende o concello se realizase un Plan de Mobilidade Sostíbel para a Guarda. A moción nacionalista foi aprobada pola unanimidades das formacións políticas.

"Debemos afondar en programas de mobilidade sostíbel que tan bos resultados está a dar en concellos gobernados polo BNG como Tomiño ou Pontevedra", sinala Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Para o BNG o plan de mobilidade sostíbel debe ser a base de políticas encamiñadas á mellora das contorna nas que habitamos, debemos ter como referente o dereito que cada persoa ten de moverse libremente que garanta a maior independencia posíbel, dando prioridade a aqueles colectivos máis sensíbeis como os nenos e nenas, persoas maiores ou persoas con mobilidade reducida.

A remodelación de Manuel Álvarez un mal exemplo
O BNG advirte ao goberno municipal do PSOE que actuacións como a que se realizou na rúa Manuel Álvarez son contrarias este acordo plenario.

O BNG xa advertiu no seu momento da perda de espazo para os viandantes en favor dos coches, algo que é contrario á finalidade do Plan de Mobilidade Sostíbel na Guarda.

Para o BNG a actuación levada acabo na rúa Manuel Álvarez por parte do goberno do PSOE é claramente insuficiente, cun recorte das beirarrúas duns 500 m², en vez de ir a un proxecto máis ambicioso no que as persoas sexan os auténticas protagonistas da rúa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones