Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Aprobada a moción do BNG para unha saída sur ao porto da Guarda

A saída sur e aparcamentos disuasorios, pezas imprescindíbeis para o desenvolvemento do Plan de Mobilidade Sostíbel

A saída sur e aparcamentos disuasorios, pezas imprescindíbeis para o desenvolvemento do Plan de Mobilidade Sostíbel

Fecha: 06 de Abril de 2017

Fuente: BNG - A Guarda

A moción presentada polo BNG sobre a realización dunha saída sur para o porto da Guarda foi aprobada por unanimidade no pleno ordinario de marzo.

O BNG consegue que a aprobación da realización do proxecto de saída sur quede desvinculado do PXOU.

"O PSOE e o PP xogaron coa Saída Sur todos estes anos de goberno municipal, sabían que había unha posibilidade fóra do PXOU pero non traballaron nela. Hoxe con esta moción, comezamos este camiño", comentou Ángel Baz portavoz municipal do BNG.

Para o BNG a rúa Concepción Arenal hai tempo que perdeu a condición de vía de comunicación para as actividades portuarias para pasar a ser unha rúa totalmente urbana que soporta un nivel de tráfico insoportábel para un casco urbano.

Dende o BNG queda claro que chegou o momento en que administracións como a Xunta de Galiza asuman a responsabilidade que lle toca mellorando os acesos ao porto da Guarda e para iso necesítase un novo trazado pola zona sur.

A Saída Sur inicio do Plan de mobilidade
A Saída Sur xunto coa creación de bolsas de aparcamento disuasorio son os dous primeiros pasos antes de tomar calqueira actuación urbanística. Non se pode entender un novo modelo sen estes dous pasos previos, un modelo na Guarda no que as persoas, tanto as residentes como as que visitan á Guarda, sexan as protagonistas, relegando o coche a un segundo plano.

"A Saída Sur é un elemento crucial para transformar as rúas da Guarda en Espazos de Convivencia Compartida combinando o uso racional do vehículo para dar protagonismo ás persoas, especialmente aos nenos e nenas e ás que sofren mobilidade reducida", sinala Ángel Baz.

O BNG vai estar vixiante coa actitude do PP, tanto no concello como na Xunta, para ver o grao de compromiso que ten o Goberno galego co pobo da Guarda e co sector pesqueiro guardés.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí