Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aprobada na Guarda a moción do BNG en apoio dos mariñeiros do espada

Para o BNG é un problema político que o PP debe solucionar politicamente

Para o BNG é un problema político que o PP debe solucionar politicamente

Fecha: 09 de Diciembre de 2016

Fuente: BNG - A Guarda

O pleno da Guarda aprobou por unanimidade a moción presentada polo BNG en apoio dos mariñeiros afectados polos coeficientes redutores que traballan en barcos como os do espada.

Para o BNG a modificación dos coeficientes redutores aplicábeis á pesca significa que un aumento na vida laboral sufrindo unha grave discriminación fronte a outras pescarías.

O BNG tamén solicita o cambio de modelo que actualmente está baseado na zona e no tamaño de embarcación para ir cara un novo modelo que incentive as condicións reais das actividades profesionais da pesca, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade, sexan insalubres e provoquen sinistralidade.

"Dende o BNG agradecemos o apoio da corporación a estes mariñeiros que despois dunha vida traballando en condicións de penosidade, o Goberno español toma unha decisión política que recorta os seus dereitos tendo que acudir á xustiza ordinaria para reclamalos", comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O PP tarde, mal e arrastro
Resulta sorprendente a moción presentada polo PP sobre os coeficientes redutores, sabedores de que foi o propio Goberno español do PP quen xerou o problema. Unha moción que desperta o localismo da máis rancia dereita española.

"Resulta sorprendente que o PP presente a última hora esta moción. Somos conscientes da obriga dunha portavoz ligada ao sector, pero que non se lle coñece ningunha iniciativa política fronte aos seus compañeir@s do PP en Madrid", sinalou o concelleiro do BNG, Xan Lois Lomba.

Para o BNG queda claro que este problema é político que debe ter unha solución política. O BNG insta ao PP guardés que fuxa da demagoxia localista e que esixa diante do seu partido a solución que están esperando os mariñeiros e as súas familias.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones