Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Aprobado o proxecto para a mellora integral da rúa Concepción Arenal en A Guarda

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez lembra que o orzamento das obras é de 1.598.755 euros e que os traballos teñen un prazo de execución de dez meses unha vez comezados

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez lembra que o orzamento das obras é de 1.598.755 euros e que os traballos teñen un prazo de execución de dez meses unha vez comezados

Fecha: 10 de Febrero de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno o proxecto para a ‘Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na rúa Concepción Arenal EP-3401 de acceso ao porto en A Guarda'. Segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, o orzamento para a actuación ascende a 1.598.755 euros (financiados ao 70% con fondos provinciais) e a obra terá un prazo de execución de dez meses logo do inicio, que se prevé na primavera.

A mellora integral da rúa Concepción Arenal, de titularidade provincial, pretende recuperar o espazo público da rúa para veciñas e veciños e fomentar un modelo de convivencia co tránsito rodado, sempre coa filosofía de que a circulación peonil debe ser a principal. Deste xeito, o proxecto redactado segundo os criterios do departamento de Mobilidade da Deputación, afirma Benítez, "facilitará e promoverá os tránsitos peonís cara ao Porto, que a día de hoxe están limitados polo tráfico rodado e a existencia de beirarrúas mínimas, en mal estado, e con nula accesibilidade".

O ámbito de actuación das obras é de 8.527,85 metros cadrados nunha lonxitude de 670 metros, creando unha plataforma única desestruturada e non lineal con once redutores físicos de velocidade de vehículos, e unha velocidade máxima permitida de 20 quilómetros por hora. Crearase unha grande praza na fronte do convento de San Bieito e darase un novo tratamento para a praza de Avelino Vicente. En ambos casos limitarase o aparcamento actual para recuperar a maior cantidade de superficie de espazo público para a cidadanía.

Segundo explica Benítez, no cruzamento coa rúa Enrique María Sesto e o hotel convento de San Bieito convivirán o tráfico e a circulación peonil, transformando o espazo da edificación relixiosa, potenciando as súas características monumentais. Proponse crear unha área de descanso e reunión cun espazo verde con árbores e bancos e, do outro lado, unha pérgola acompañada tamén de bancos. A rúa resólvese nun mesmo nivel e xógase cos materiais e texturas, de forma que a parte estritamente peonil levará lousa e a parte rodada unha base de formigón negro grafito con bandas transversais. Ao chegar á igrexa producirase un cambio na conformación do solado, cunha maior presenza de pedra.

Na zona dende o cruzamento coa PO-552 ata a rúa Enrique María Sesto redefinirase a Praza Avelino Vicente. Haberá tamén un único nivel con diferentes materiais para os pavimentos e elementos de formigón a modo de mobiliario urbano, e a praza consolidarase arredor do monumento existente con dúas áreas de descanso diferenciadas: unha delas en forma lonxitudinal sobre unha das dúas fachadas acompañada de árbores e zonas de lecer, e a outra disposta arredor dun elementos de formigón, con bancos e zonas verdes.

O deputado de Mobilidade destaca que a configuración na nova rúa e o aproveitamento por parte da cidadanía verase potenciado unha vez que se desenvolva o novo acceso ao Porto que a Xunta debe tramitar como proxecto sectorial pola zona sur. Lembrou que existen tres alternativas deseñadas pola Deputación que permitirán retirar o tráfico pesado do centro da vila, xa que o uso de Concepción Arenal para o transporte de mercadorías ao Porto non é compatible co seu novo deseño.


"Estamos nunha fase na que só debe haber un final: recuperar o espazo para as persoas. E no caso de A Guarda a Deputación puxo sobre a mesa solucións a dous problemas da vila: a recuperación do espazo de Concepción Arenal para os peóns, e varias propostas para crear un novo o acceso ao Porto que agora ten que concretarse e ser realidade da man administración competente para facelo, a Xunta de Galicia", insistiu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones