Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Aprobados inicialmente os orzamentos do Concello da Guarda para 2017

O Concello da Guarda contará en 2017 cuns orzamentos de 6.142.948,06?, e o de patronato de 186.310,60?.

O Concello da Guarda contará en 2017 cuns orzamentos de 6.142.948,06?, e o de patronato de 186.310,60?. Foto arquivo

Fecha: 23 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

No pleno que tivo lugar no día de onte aprobáronse inicialmente os orzamentos para o exercicio 2017 do Concello da Guarda cos votos do equipo de goberno e co apoio dos dous grupos minoritarios, a concelleira non adscrita Fátima Iglesias e por Converxencia Galega Celso R. Fariñas; cos cales se adquiriron compromisos que non alteran o proxecto que os socialistas teñen para A Guarda.

O equipo de goberno considera que estes orzamentos son importantes para cubrir as necesidades dos veciños e veciñas da Guarda, xa que agora estaban traballando cos presupostos prorrogados de 2015. Isto supón que o Concello da Guarda contará en 2017 cuns orzamentos de 6.142.948,06€, e o de patronato de 186.310,60€.

Do orzamento aprobado a partida máis significativa e á que o equipo de goberno quixo dar un maior impulso foi a destinada a Servizos Sociais. Esta ronda os 500.000 € e se destinará servizos como a atención das persoas maiores, á axuda a domicilio, emerxencia social ou ó Centro de Información da Muller. Nesta partida prodúcese así o maior aumento, que alcanza o 31%. Ademais, como parte do proceso de modernización da administración local, Servizos Sociais contará cunha aplicación informática para a xestión da axuda a domicilio.

En relación con esta modernización, outra das principais preocupacións reflexadas nestes orzamentos é a mellora da calidade das prestacións dos servizos que realiza a propia administración local. Contémplase unha partida para redactar a Relación de Postos de Traballo (RPT) coa finalidade de conseguir a mellora na eficacia dos servizos que se prestan dende o propio concello.

Deste xeito, cos orzamentos de 2017 aprobados onte, quedan mellor estruturadas as partidas dos diferentes servizos que se prestan dende o concello e que se adaptan e responden mellor á realidade cambiante da vila, o que suporá unha mellora na satisfacción das necesidades dos veciños e veciñas da Guarda.

Tamén se realizou unha modificación nas subvencións que se outorgan a algunhas asociacións deportivas e que responden ó cambio das súas condicións, adaptándose así á situación actual das mesmas.

Dentro do Plan Concellos 2017, que conta cunha partida de 765.000 €, o equipo de goberno inclúe entre as súas prioridades realizar un plan de accesibilidade para o concello.

Recalcan que o equipo de goberno comezou o día 7 de novembro as conversacións cos diferentes grupos da oposición. Nestas tratouse de consensuar os orzamentos, xa que o equipo de goberno tiña claro que no exercicio 2017 non se podía traballar co orzamento prorrogado de 2015, pois non permitía dar satisfacción ás necesidades da sociedade guardesa. Co BNG houbo dúas reunións: unha en novembro, na que trasladaron que existía a posibilidade de que este grupo se sentase a falar, e outra en decembro na que o BNG trasladou ó equipo de goberno da Guarda que non estaban pola labor de apoiar os orzamentos de 2017.

Ademais, dende o equipo de goberno sinalan que "lamentamos as afirmacións dalgún grupo da oposición en clave persoal que poñen de manifesto que o único que queren é estrangular a acción de goberno e que con reaccións de ese nivel amosan a súa falta de implicación e presencia nas diferentes asociacións culturais, veciñais, deportivas ou sociais da localidade."

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí