Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Arranca a -Ruta do pincho da lamprea do Miño- nas dúas primeiras fin de semanas de abril en A Guarda

8 locais guardeses ofrecerán pinchos coa lamprea como protagonista, a un prezo único de 2 euros, durante as dúas primeiras fin de semanas de abril

8 locais guardeses ofrecerán pinchos coa lamprea como protagonista, a un prezo único de 2 euros, durante as dúas primeiras fin de semanas de abril

Fecha: 01 de Abril de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Turismo e Comercio, Montse Magallanes foron os encargados de presentar a 'Ruta do pincho da lamprea do Miño 2017', que volve este ano á Guarda, este venres ás 10 horas na Casa dos Alonsos.

Esta ruta, que tivo a súa primeira edición en 2014, orixinouse pola inquietude dos pescadores e viveirista da vila por promocionar e dar a coñecer o sabor dun produto da zona como é a lamprea. Este ano, a pesar da escaseza de capturas, volven a organizar unha nova edición, en colaboración co Concello, para mostrar ao público que a lamprea pode estar ao alcance de todos. Con esta finalidade, 8 locais guardeses ofrecerán pinchos coa lamprea como protagonista, a un prezo único de 2 euros, durante as dúas primeiras fin de semanas de abril.

O alcalde e a Concelleira estiveron acompañados neste acto por unha representación dos establecementos participantes, que amosaron aos presentes os pinchos que se poderán degustar durante os días 1, 2, 8 e 9 de abril en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 20.30 horas. Entre estes había hamburguesas de lamprea, fideuá e outras creacións.

O alcalde iniciou a presentación falando do orgullo guardés que sinte cando representa á vila en eventos como FITUR ou a Gala de Turismo Rías Baixas que tivo lugar onte e na que A Guarda recibiu 3 diplomas de Calidade Turística. A sensación é que o bo facer do departamento de turismo é moi apreciado fóra da vila e que é grazas a iniciativas como esta ruta que se da a coñecer todo o que pode ofrecer A Guarda, que é moito.

Pola súa banda a Concelleira quixo agradecer aos establecementos que participan da ruta e aos pescadores e viveirista que orixinaron unha iniciativa moi importante para promocionar un produto da zona que para moitas persoas aínda é un descoñecido e para por en valor a gran calidade da gastronomía guardesa. Tamén agradeceu ós pescadores que impartiron aos escolares da vila as xornadas didácticas 'Coñeces a lamprea?' que despertaron un gran interese dos rapaces. O recibimento foi espectacular e os debuxos da lamprea que realizaron nos centros estarán expostos nos locais participantes.

Recordouse que todos aqueles que acudan a estes locais a probar os pinchos serán tamén os xuíces do Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño, puntuando cada pincho mediante unha papeleta que cumprimentarán e depositarán nas urnas dispoñibles en cada establecemento da ruta. Ademais, premiarase a fidelidade dos participantes cun sorteo de 3 lotes de vino entre todas as papeletas depositadas nas urnas.

Non queda máis que convidar aos veciños, veciñas e visitantes a desfrutar duns pinchos de gran calidade a un módico prezo, e aproveitar a oportunidade para acompañar esta experiencia gastronómica dunha boa compañía nun lugar tan fermoso como A Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí