Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arranca este sábado a primeira das etapas do camiño de Santiago a Fisterra organizado por Caminha e A Guarda

Esta actividade supón a continuación da peregrinación de Caminha ata Santiago de Compostela que máis de 100 veciños da Guarda e Caminha realizaron durante os primeiros meses de 2016.

Esta actividade supón a continuación da peregrinación de Caminha ata Santiago de Compostela que máis de 100 veciños da Guarda e Caminha realizaron durante os primeiros meses de 2016.

Fecha: 06 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este sábado 8 de outubro terá lugar a primeiras das catro etapas do camiño entre Santiago e Fisterra organizadas conxuntamente pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.

Esta actividade supón a continuación da peregrinación de Caminha ata Santiago de Compostela que máis de 100 veciños da Guarda e Caminha realizaron durante os primeiros meses de 2016. Desta volta o percorrido será dende Santiago ata Fisterra en catro etapas, que se realizarán os vindeiros catros sábados de outubro. En todas as etapas a hora de saída é ás 7.30 h dende a explanada do CEIP A Sangriña. O encontro cos participantes de Caminha e Viana do Castelo en Goián ás 8.00 h.

Os autobuses deixarán ós participantes na Estación de Autobuses de Santiago, dende onde se dirixirán ata á Praza do Obradoiro. A etapa dará comezo cara ás 10.30 h dende o Obradoiro e é convinte ir en grupo neste primeiro tramo, pois non hai sinalización. A partir da carballeira de San Lorenzo xa se atopan os indicadores que se irán seguindo.

O primeiro punto de agrupamento será a uns 12 quilómetros, no lugar de Augaspesadas (no Concello de Ames), onde se realizará o xantar. A previsión é chegar a partires das 13.30 horas. Alí hai un pequeno bar e tamén se atoparán os autocares para que os participantes podan coller as súas pertenzas.

Despois do xantar comezará o primeiro obstáculo da xornada: a subida ó Mar de Ovellas. Superada esta dificultade seguirase cara Ponte Maceira, sobre o Tambre, onde se volverán a agrupar. Para rematar os participantes dirixiranse a Negreira, final da etapa do sábado, onde se xuntarán na praza do Cotón, presidida por un bonito pazo e onde agardan os autobuses.

Cómpre ter en conta, igual que nas anteriores saídas, que cada un é responsable de respectar as normas que se deben gardar ben en tramos urbanos (semáforos, pasos de cebra....), en estradas (camiñar pola marxe esquerda) e en camiños forestais. Ademais débese levar algunha prenda reflectinte (cubre mochilas, brazalete, chaleco ou similar).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones