Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arranca na Guarda a exposición -Sempre Vivas-

Un vídeo recolle a lectura do Manifesto do 25N, con imaxes da elaboración dos traballos expostos en -Sempre Vivas-

Un vídeo recolle a lectura do Manifesto do 25N, con imaxes da elaboración dos traballos expostos en -Sempre Vivas-

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, organiza a exposición “Sempre Vivas” para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

Nesta exposición participaron todos os centros educativos da Guarda, a Asociación Avelaíña, o Centro San Xerome e o Obradoiro de Emprego da Guarda e se pode visitar dende hoxe día 25 de novembro ata o 4 de decembro en horario de 9:00h a 15:00h na Casa dos Alonso.

Queremos manter na nosa lembranza a todas as mulleres ás que lle despoxaron os soños, os recordos e o seu propio alento.  Todas as vidas que alguén decidiu que non merecían continuar e apagaron pola forza. 

O obxectivo desta exposición é homenaxear ás vítimas da violencia de xénero, para que non sexan borradas do mapa de balde. En certo xeito, queremos volver a darlle vida, enchendo as súas siluetas de cor, de mensaxes, de alento, ... para que a súa lembranza permaneza en nós  e nos motive a reflexionar sobre o xeito en que nos achegamos á lacra da violencia machista como sociedade, pondo por bandeira a sororidade e a afouteza para combater e denunciar estas situacións. Queremos facer partícipes ás crianzas, porque elas son o futuro, e unha educación a favor da igualdade entre todas as persoas sen distinción de xénero ou condición é o comezo da andaina.

 

Dende o Concello da Guarda se quere facer un agradecemento a todos os centros educativos, institucións e entidades que participaron na elaboración do material desta exposición.

 

Campaña En Negro contra as Violencias

 

A Concellería de Igualdade do Concello da Guarda, con motivo da Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, uniuse un ano máis á campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

 

Desde o Concello, púxose a disposición da cidadanía, establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería, camisetas e mochilas e xa destinado especificamente ao sector da hostalaría, pousavasos e panos para que do 17 ao 25 de novembro, vestisen as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. de negro, así coma os maniquís, manteis dos restaurantes e  ás/ós propias/os traballadoras/es. A iniciativa foi un éxito, esgotándose todo o material da campaña.

 

Vídeo Manifesto polo 25N

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, elaboraron un vídeo no que deron lectura ao Manifesto do 25N, un vídeo no que se amosan os traballos elaborados polos centros educativos, institucións e entidades que participan na exposición “Sempre Vivas” para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí