Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Arrancan as obras de reforma integral da rúa Concepción Arenal en A Guarda

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que nas primeiras semanas renovaranse o saneamento, abastecemento e pluviais na praza Avelino Vicente

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que nas primeiras semanas renovaranse o saneamento, abastecemento e pluviais na praza Avelino Vicente

Fecha: 11 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

As obras de reforma integral da rúa Concepción Arenal en A Guarda xa están en marcha. A empresa ‘Obras, Reformas e Saneamentos SL' está xa a traballar no proxecto de ‘Recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na EP-3401 de acceso ao porto' que está a desenvolver o departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, as obras durarán uns oito meses e nestas primeiras semanas centraranse na renovación do saneamento, o abastecemento e nas canalizacións de pluviais na praza Avelino Vicente.

No día de hoxe asinouse formalmente a acta de replantexamento do proxecto, para logo iniciar os traballos directamente na rúa, co marcado das canalizacións e a instalación da sinalización vertical e horizontal de obra. Nos vindeiros días comezarase a ver maquinaria pesada, xa levantando o firme da praza Avelino Vicente, coa idea de que quede cos servizos instalados, totalmente pavimentada e cos bolardos colocados dentro duns dous meses.

A segunda fase de traballo será o treito central da rúa (onde xa non se instalarán novos servizos, xa que os actuais están en bo estado) para posteriormente executar nunha terceira fase a nova praza diante do convento de San Bieito. A intención, segundo dixo Benítez, é ir realizando todas as actuacións mantendo sempre desvíos abertos para que o tráfico poida acceder ao porto, aproveitando as diferentes interseccións coas rúas paralelas.

Quedará para o último mes a colocación de todo o mobiliario urbano (bancos, papeleiras, pérgolas, bancos corridos de cemento), e tamén a plantación de árbores e acondicionamento das zonas verdes. Hai que lembrar que as obras en Concepción Arenal reformarán 8.527,85 metros cadrados de espazo público nunha lonxitude de 670 metros.

A mellora integral da rúa Concepción Arenal, cuxa titularidade pasará da Deputación ao Concello unha vez rematada a obra, busca recuperar o espazo público da rúa para veciñas e veciños deixando claro que a circulación peonil é a principal na estrada, pero fomentando tamén a convivencia co tránsito rodado. Segundo lembra o deputado Uxío Benítez, a nova rúa promoverá os tránsitos peonís cara ao Porto creando un espazo de grande calidade urbana que será exemplo de como a Deputación está a implantar na provincia un novo modelo de Mobilidade. "Xa aconteceu en Sanxenxo coa reforma de Luis Rocafort: a nosa prioridade son as persoas e o resultado está á vista, con parabéns da veciñanza e dos turistas", destacou o nacionalista.

O deputado de Mobilidade volveu destacar que a nova rúa acadará o máximo aproveitamento por parte da cidadanía cando se desenvolva o novo acceso ao Porto pola zona sur -que a Xunta debe tramitar como proxecto sectorial- e que permitirían retirar o tráfico pesado do centro da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones