Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS ASOCIACIÓNS GUARDESAS DECORAN A SÚA VILA NO NADAL

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a participación das diferentes asociacións na nosa vila

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a participación das diferentes asociacións na nosa vila

Fecha: 19 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

Cinco asociacións guardesas, Vento Mareiro, Xamaraina, San Xerome Emiliani, Samaritanas e C.S Fuscalho , sumáronse a iniciativa do Concello da Guarda "Decora o teu Nadal".

A través deste proxecto a Praza do Reló luce un gran árbore e diferentes adornos colgando dos balcóns da Casa dos Alonsos, na Praza do Coruto diferentes colgarellos decoran ás arbores, na Alameda a casa do Apalpador espera a todos os nenos e nenas da vila, a Praza da Igrexa recibe a todos os viandantes con diferente decoracións nas súas barandas e por último, a praza da rúa Galicia, un coro e os chamados graffitis ecolóxicos ou "yarn bomber" visten a árbore e dan a benvida o Nadal.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a participación das diferentes asociacións na nosa vila, dándolle visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana nestas datas festivas. Ademais, tal e como afirmou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, búscase que a cidadanía entenda A Guarda coma un espazo de expresión artística no que os veciños e veciñas poidan sentir o mobiliario público coma propio e queiran actuar sobre el para embelecelo.

Desde hoxe e durante todo o Nadal estas creacións decorarán a vila dándolle A Guarda un maior espírito navideño.

Dende a Concellería de Cultura, que dirixe Elena Baz, queren dar parabéns e agradecer todo o traballo feito polas diferentes asociacións participantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones