Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As asociacións participan na campaña -Decora o teu Nadal- embelecendo A Guarda

Un total de 12 asociacións participaron este ano na campaña -Decora o teu Nadal-, situando as súas creacións en diferentes prazas e puntos da vila.

Un total de 12 asociacións participaron este ano na campaña -Decora o teu Nadal-, situando as súas creacións en diferentes prazas e puntos da vila.

Fecha: 14 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A campaña «Decora o teu Nadal», impulsada polo Concello da Guarda co obxectivo de embelecer a vila nestas datas, contou coa colaboración de ata trece asociacións guardesas, case o dobre das participantes o pasado ano. Cada unha delas ocupou unha praza ou lugar representativos do pobo para colocar as súas orixinais montaxes de Nadal, feitas na súa meirande parte con materiais de refugallo.

A concelleira de Cultura, Elena Baz, quixo visitar na mañá do pasado martes, 12 de decembro, todos os recunchos ocupados coas decoracións elaboradas manualmente polas persoas que conforman as diferentes asociacións.

O orixinal escenario que se pode contemplar na entrada principal do Centro de Saúde é obra da asociación de nova creación Rock'n'rolla, namentres a Asociación de Mulleres Progresistas decorou unha das árbores e a balaustrada da entrada do Centro Cultural, con motivos moi propios do Nadal.

O Sporting Guardés achegou o deporte á Alameda da Guarda, coas cores propias do seu club e a decoración das árbores. San Xerome, pola súa parte, volveu engalanar a árbore da coñecida como "Alamediña", utilizando rodas de bicicleta pintadas de diferentes cores.

A Cruz Vermella tamén colaborou coa decoración dunha das pequenas prazas da contorna da Igrexa a base de plataformas de madeira, e a Sociedade Atlética do Trega optou tamén polo uso deste material como base da súa obra, así como pneumáticos convertidos en boneco de neve.
A Agrupación Cultural Guardesa embeleceu o Sinde Vello coas súas redes e motivos musicais á par que mariñeiros. Por outra parte, este ano contamos coa colaboración por vez primeira da Unión Deportiva A Guía Guardesa, que se encargou da decoración da Praza da Guía, namentres Vento Mareiro volveu adornar a Praza do Reló, cunha estrutura de madeira que semella unha árbore de Nadal e un enorme anxo que descansa nunha esquina da praza.

Outra asociación que repite situación é Avelaíña. A Praza do Coruto quedou engalanada cunha enorme torta, rodeada de estrelas de tódalas cores e, por último, a Xamaraina encomendóuselle a Praza de Salcidos, a cal decoraron con diferentes motivos de Nadal (bastóns típicos destas datas, Papá Noel ou agasallos).

O Concello da Guarda anima a tódolos veciños e veciñas a gozar destas decoracións con responsabilidade e agradece a implicación das asociacións nesta campaña de Nadal, que resultou ser todo un éxito de participación.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones