Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As Festas da Virxe do Carme, o XV Rock Guardés e o Torneo de Volley Praia amenizarán esta fin de semana guardesa

Variada oferta que amenizará estes próximos e soleados días de xullo na Guarda

Variada oferta que amenizará estes próximos e soleados días de xullo na Guarda

Fecha: 16 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Unha fin de semana máis a axenda cultural e de actividades da Guarda preséntase chea dunha variada oferta que amenizará estes próximos e soleados días de xullo.

Durante toda a fin de semana, dende o venres día 15 ata o domingo 17, o Porto da Guarda acollerá a celebración das Festas do Carme, de gran importancia para unha vila de tradición mariñeira como é esta.

Nas mañás do sábado e do domingo, teremos pasarrúas co Grupo de Gaitas da 3ª Idade Da Guarda. Estas Festas tamén inclúen un concerto de Bandas de Música o venres ás 22,30 horas. O prato forte da fin de semana terá lugar o sábado, a partir das 11 horas da mañá cando comezará a procesión, a misa cantada pola Agrupación Coral Polifónica da Guarda e a tradicional ofrenda floral aos náufragos no Porto. Xa pola tarde, haberá unha regata de gameliñas, seguida dun espectáculo de maxia e a verbena a cargo da orquestra CARAMELO e GRUPO FAMA.

Dentro da programación desta fin de semana para as Festas do Carme destaca a celebración da XV Edición de Rock Guardés. Este tamén terá lugar no Porto da Guarda e contará coas actuacións das bandas Mad Martin Trío, Helen & Shanna e Indomables.

Os amantes dos deportes tamén terán unha cita esta fin de semana co Torneo de Volley praia que acollerá a Guarda este sábado e domingo, días 16 e 17 de xullo. Neste disputarase o Campionato Senior de Galicia, o sábado será a competición a nivel galego e o domingo será a quenda da competición amateur.

Tamén queremos lembrar que este venres é o último día para visitar a fermosa exposición "Casas de luz", con grabados de Mariano Castillo sobre os faros galegos que se atopa no Centro Cultural e convidar unha vez máis a todos os que o desexen a desfrutar da que seguro que será unha fin de semana inesquecible na Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones