Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As Festas de San Telmo chegan a Tui do 15 ó 24 de abril de 2017

As actividades previstas conxugarán un programa festivo, a celebrar ao longo de dez días, no que haberá unha ampla oferta para todos os públicos.

As actividades previstas conxugarán un programa festivo, a celebrar ao longo de dez días, no que haberá unha ampla oferta para todos os públicos.

Fecha: 31 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui asume por segundo ano consecutivo a organización das festas patronais da cidade nunha aposta por uns festexos cun marcado carácter popular, para vivir e desfrutar na rúa, que sexan espazo de encontro entre os tudenses e os visitantes e que ao tempo sexan un escaparate de todo o que Tui ofrece patrimonio, natureza, cultura, deporte... As actividades previstas conxugarán un programa festivo, a celebrar ao longo de dez días, no que haberá unha ampla oferta para todos os públicos.
As Festas de San Telmo, Declaradas de interese turístico galego, terán comezo o Sábado Santo(15 de Abril) e prolongaránse durante a semana seguinte ata o vindeiro Luns día 24 de Abril, Día de San Telmo.

Festival Folclórico Festas de San Telmo

Centos de persoas de todas as idades integran os grupos folclóricos tudenses, algúns deles cunha longa traxectoria e outros de recente creación. Coma elemento común a todos está o seu traballo a prol da nosa cultura tradicional vinculada á música, aos bailes e á vestimenta. O Festival Folclórico festas de San Telmo é o escaparate perfecto para amosar o excelente nivel de todos eles, realizaráse o domingo, 16 de abril, ás 18h. con entrada de balde. Participan os grupos Laxes de Paramos, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Asociación C.X.D do Traxe de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns e Lembranzas da Terra de Guillarei.

IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo

O esforzo realizado nos ensaios, os papeis aprendidos até o máis pequeno detalle, a escenografía elaborada con imaxinación, ...a posta de longo do teatro afeccionado de Tui ten lugar durante as festas patronais, nunha semana xa consolidada que conta co beneplácito do público.

Luns 17 ás 21.15h o grupo de teatro da Asociación Cultural Santiago de Malvas representa "Médico á forza" (65 min.)

Martes 18 ás 21.15 o grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis representa "Claro e Clara non se aclaran" (70 min.)

Mércores 19 ás 21.15h o grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe representa "Gran Circo Randulfini" (75 min.)

Xoves 20 ás 21.15h o grupo de teatro San Fins da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns representa "O Indiano" (45 min.)

Venres 21 ás 21.15h o grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui representa "A lotaría" (80 min.)

Sábado 22 ás 20.15h o grupo de teatro Mesturanzas da Asociación Cultural Seixos Albos de Areas representa "A herdanza de Dona Urraca".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí