Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As historias de mulleres enchen esta fin de semana o Mercado de Tomiño

Teatro para adultos con ?Matrioskas-, de Charlatana o sábado 24 (18h) e infantil con -A maleta da avoa-, de Raquel Queizás o domingo 25 (18h)

Teatro para adultos con ?Matrioskas-, de Charlatana o sábado 24 (18h) e infantil con -A maleta da avoa-, de Raquel Queizás o domingo 25 (18h)

Fecha: 24 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A Programación de Primavera do Concello de Tomiño continúa esta fin de semana con dúas novas actividades, teatro para adultos e contacontos. Nesta ocasión o escenario elixido para representar ambos espectáculos será o Mercado de Tomiño.

A primeira en desembarcar en Tomiño será a Cooperativa Galega de Artistas Charlatana, que chega este sábado 24 de marzo coa súa nova produción, ‘Matrioskas', un espectáculo dirixido por Brais Hortas no que a contadora Marta Ortiz e a cantante Sofía Espiñeira se subirán ao escenario para poñerlle voz a historias de vida de diferentes mulleres que foron "pasando dunhas a outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que morrendo se xunta coa seguinte". Os veciños e veciñas poderán desfrutar desta obra teatral, recomendada para maiores de 15 anos, a partir das 18.00 horas no Mercado de Tomiño. A entrada será de balde.

Para toda a familia
Pola súa banda, a tarde de domingo en Tomiño estará dedicada ao público familiar. Raquel Queizás, considerada unha das mellores narradoras galegas do momento, chegará ao Mercado para abrir as portas a un mundo de contos e fantasías nunha tarde de tradicións e ocio con moitas sorpresas. A contadora levará con ela ‘A maleta da avoa', unha maleta que representa a memoria e na que a protagonista garda todos os contos que a súa avoa lle contaba cando era unha nena á hora de comer, cando ían lavar a roupa ao río ou traballando no campo.

Queizás chegará coa maleta cargada de pequenos tesouros, libros, culleres, bonecas de millo, sombreiros... e monicreques e adiviñanzas cos que entreter a nenos e nenas. Este espectáculo familiar, dirixido especialmente a cativos e cativas a partir dos tres anos, comezará ás 18.00 horas no Mercado. A entrada, de balde.

Estas dúas obras forman parte da Programación de Primavera do Concello de Tomiño e enmarcase na serie de actividades organizadas ao longo de marzo como Mes da Muller, no que todas as accións programadas teñen un claro protagonismo feminino e de loita pola igualdade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones