Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As máis de 50 obras do Certame de pintura Antonio Fernández 2019, poden visitarse na Bienal de Arte de Cerveira

A mostra inclúe as tres obras premiadas e ofrece a posibilidade de contactar cos autores

A mostra inclúe as tres obras premiadas e ofrece a posibilidade de contactar cos autores

Fecha: 31 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

As máis de 50 obras do Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández 2019, poden visitarse na Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira, até a semana próxima. A mostra, prevista inicialmente so para esta semana, inclúe as tres obras premiadas, estando a disposición das persoas interesadas o contacto dos autores para posibles compras.

O sétimo certame de pintura ao aire libre tivo lugar en Goián e Vila Nova de Cerveira o 18 de agosto pasado, dando a oportunidade a disfrutar da arte de pintores cunha longa experiencia nesta modalidade e tamén de novas figuras procedentes de varios puntos da Península e Estranxeiro.

O Certame naceu no ano 2012 froito da programación do "Ano Antonio Fernández", iniciándose unha andaina que a día de hoxe móstrase como unha cita cultural consolidada. Como novidade, este ano o evento ampliou o seu percorrido a Cerveira, formando parte da programación Eurocidade Cerveira-Tomiño e grazas á participación da Fundación da Bienal de Arte. Deste xeito, ambas vilas foron retratadas polos artistas que visitaron ambos os dous municipios fronteirizos.

As obras premiadas foron unha vista de Cerveira dende a praia de Goián, de Rafael Carrasco (Toledo) que se fixo co primeiro galardón. O segundo e terceiro premio foron para Leticia Gaspar (Bilbao) e para Antonio Lorenzo (Mondariz). O 1ºpremio estivo dotado con 1.500€ e financiado polo Concello de Tomiño, mentres que os dous seguintes (2º e 3º) con 500€, custeados pola Comunidade de Montes de Goián e pola Fundación da Bienal de Cerveira, respectivamente.

O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández integra as actividades desenvolvidas pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, no ámbito da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.

Datas da exposición: 27 de xullo a 7 de setembro de 2019
Horario: martes a venres (terça a sexta-feira): 15h00 a 19h00
sábados e festivos: 11h00 a 13h00 - 15h00 a 19h00
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones