Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: PUBLICIDAD ONLINE INFOMIÑO SALCEDA, AS NEVES, ARBO, SALVATERRA

As Neves acolle o primeiro obradoiro escolar de -Instrumentos da Memoria- polo Día das Letras Galegas

A iniciativa da Deputación de Pontevedra e a Fundación Legar arranca o 12 de maio en As Neves cun obradoiro escolar que achegará á mocidade a música tradicional galega e os seus instrumentos.

A iniciativa da Deputación de Pontevedra e a Fundación Legar arranca o 12 de maio en As Neves cun obradoiro escolar que achegará á mocidade a música tradicional galega e os seus instrumentos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Mayo de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A música tradicional galega será protagonista este mes en As Neves grazas á iniciativa ‘Instrumentos da Memoria. Obradoiros escolares sobre a música de raíz’, unha proposta promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Fundación Legar para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025.

A actividade, que terá lugar o 12 de maio ás 9:30 horas no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, será o punto de partida dun ciclo de dez obradoiros que se desenvolverán en diferentes concellos da provincia. O obxectivo é achegar ao alumnado a historia da música galega, os instrumentos empregados tradicionalmente –moitos deles feitos con elementos naturais ou ferramentas cotiás–, así como fomentar a reflexión sobre a creación musical propia e a importancia da súa conservación.

Durante unha hora e cuarto, o alumnado das Neves poderá desfrutar dunha representación musical didáctica, lúdica e participativa, guiada por membros da Fundación Legar, referentes na recuperación e divulgación da música de raíz en Galicia.

O deputado provincial Jorge Cubela, acompañado por Martina Ferradás e Xavier Blanco da Fundación Legar, destacou na presentación da iniciativa que “a música, as cantareiras e a poesía oral popular son protagonistas neste 17 de maio, e esta programación busca implicar ás novas xeracións na defensa do noso patrimonio cultural e musical”.

A programación continuará o mesmo día 12 en Fornelos de Montes e Covelo, e chegará a outros sete concellos ata o 19 de maio. Con estas accións, a Deputación reafirma o seu compromiso coa cultura como eixo vertebrador do territorio e da identidade galega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí