Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS PEDRAS DO MAR DENDE UNHA PERSPECTIVA ÚNICA

Os máis de tres veráns perseguindo caramuxas, ourizos e estrelas de mar, foron unha fantástica experiencia que fan amar aínda máis a natureza cercana, a nosa.

Os máis de tres veráns perseguindo caramuxas, ourizos e estrelas de mar, foron unha fantástica experiencia que fan amar aínda máis a natureza cercana, a nosa.

Fecha: 31 de Marzo de 2016

Fuente: Infomiño.com

José Carlos Castro Martínez
 
A idea xurdiu estando nas pedras do mar en Pedornes en Xuño de 2012. Mentres outros tomaban o sol, eu ao meu: a sacar fotos coa miña pequena cámara compacta.
 
Entón ocurriuseme gravar video en foto fixa (enfocando ao mesmo sitio sobre un pequeno trípode) durante 30 segundos. Ao chegar a casa visualicén as imaxes no ordenador pero non me convenceron, e sen querer púxenas a cámara rápida. Quedei sorprendido de cómo os lamparóns se movían (son as primeiras escenas rápidas do vídeo).
 
A partires dahí, foron moitas as visitas pola costa de Oia, Portecelo e as rochas de A Grelo, na Guarda. No transcurso desas incursións á costa, conseguín un interesante material co que fixen unha exposición de fotografía e vídeo no Centro Cultural de A Guarda en agosto de 2014: O Noso Mar, a Nosa Costa...  
Paralelamente, e cando a marea, o tempo, as condicións meteorolóxicas e as ganas o permitían, iba ás pedras a facer secuencias de fotografías para realizar a parte do time-lapse do video.
 
O procedemento para facer as imaxes aceleradas é sinxelo, pero hai que ter unha cámara que dispoña do modo "disparo a intervalos", e se non, acoplarlle un dispositovo chamado intervalómetro. Para que vos fagades unha idea, cada secuencia ten 240 fotos cun intervalo de 4 segundos entre cada foto. Como as imaxes do video van a 24 fotogramas por segundo, iso quere dicir que cada secuencia completa dura 10 segundos, pero en realidade son 240x4=960 segundos, que dividido entre 60 dan 16 minutos disparando fotos: dezaseis minutos vistos en dez segundos!
 
Lóxicamente a calidade do video é excepcional, xa que cada fotograma é unha foto de 9MB en JPG, contra os case 3Mb dun fotograma en Full HD.
 
Pedras Vivas  
Para As Pedras Vivas fixen máis de 4.000 fotografías e moitos GB de video en Full HD. A parte do tempo na costa, foron moitas horas dedicadas á edición. Para facer este tipo de cousas hai que ter moita pacencia e non desesperarse.
 
Os máis de tres veráns perseguindo caramuxas, ourizos e estrelas de mar, foron unha fantástica experiencia que fan amar aínda máis a natureza cercana, a nosa.
 
No meu canle de Vimeo , onde teño colgado este video, teño 38 videos máis, todos realizados no noso concello.
 
A temática é mou variada, pero procuro que teñan unha característica común: capacidade de sorprender. Actualmente estou preparando un time-lapse do monte Santa Trega que comencei case paralelamente a este, a ver se antes do verán o remato.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones