Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS PRAIAS DE -O MUÍÑO- E -AREA GRANDE- DA GUARDA VOLVEN A SER DISTINGUIDAS COA BANDEIRA AZUL

Dende o Concello da Guarda quérese destacar que a consecución destes distintivos é o resultado do esforzo colectivo na mellora da calidade dos nosos areais.

Dende o Concello da Guarda quérese destacar que a consecución destes distintivos é o resultado do esforzo colectivo na mellora da calidade dos nosos areais.

Fecha: 06 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Ao igual que ocorreu nos últimos seis anos, as principais praias do Concello da Guarda, "O Muíño" e "Area Grande", voltaron ser recoñecidas coa distinción de Bandeira Azul.

Na rolda de prensa  a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación europea de Educación Ambiental (FEE) deron a coñecer o listado de todas as bandeiras azuis concedidas este ano ás praias do territorio español para a tempada de verán que está a piques de comezar.

A bandeira azul é un distintivo ambiental creado en 1987 e outorgado anualmente que promove e premia aqueles areais que destacan en catro áreas: calidade das augas de baño, Información e educación ambiental, xestión ambiental e seguridade, servizos e instalacións.

Dende que fora recoñecida co distintivo de bandeira azul por primeira vez no ano 2009, a praia de "Area Grande" leva sete temporadas consecutivas renovándoo. No caso da praia de "O Muíño", a máis grande e recoñecida da Guarda, son seis anos, dende o 2010, os que levan acadando de maneira consecutiva o diferenciador de Bandeira Azul.

Ambas praias, tras presentar o Concello da Guarda a documentación necesaria para a candidatura, foron avaliadas por un tribunal nacional e un internacional que verificaron que contaban cos estándares de calidade requeridos, sendo anunciado hoxe o veredicto final.


Neste acto tamén se fixo público o listado de Sendeiros Azuis e novamente A Guarda contará co Sendeiro Azul, de 5,6 quilómetros, que une ambas praias de Bandeira Azul.

Dende o Concello da Guarda quérese destacar que a consecución destes distintivos é o resultado do esforzo colectivo na mellora da calidade dos nosos areais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones