Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As praias guardesas do Muíño e da Area Grande repiten Bandeira Azul esta tempada estival

A comunidade galega ocupa a primeira posición no número de recoñecementos para os sendeiros azuis con un total de 26

A Praia do Muíño en Camposancos-A Guarda é unha das que renova este ano o distintivo de Bandeira Azul

Fecha: 10 de Mayo de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2017. Galicia mantense a súa posición no número total de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 129 distincións.

Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,3) das 579 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (95 bandeiras).

Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego con máis bandeiras azuis, con 11 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2016; e a recuperación da bandeira azul para a praia da A Concheira e A Ribeira, en Baiona; e de Panxón, en Nigrán.

Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete; seguido de Boiro, con seis areais distinguidos. Camariñas e Ponteceso volven a sumarse á lista de concellos con areais galardoados coa praia de Arou   e de Valarés, Ermida e Osme, respectivamente.

Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é o concello máis recoñecido, con catro galardóns para as praias de Peizá, Llás, As Polas e A Pampillosa.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

Cómpre destacar a primeira posición que ocupa Galicia en canto aos distintivos de  sendeiros azuis, xa que suma 26 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sostible do litoral. (Ao final das táboas coa relación de bandeiras azuais para os areais galegos, indícanse os sendeiros distinguidos).

 

Portos deportivos, centros e sendeiros azuis

En relación aos portos deportivos, en 2017 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo.

É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 15 centros azuis, dun total de 71 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Vigo, Redondela, Marín, Oleiros, Ortigueira, Boiro, Muros e Burela, por ser quen de manter estes recoñecementos.

A continuación detállase por provincias, concellos e areais e indicase en amarelo as praias con nova bandeira nesta edición:

 

PROVINCIA DA CORUÑA

Concello

Praia

Boiro

Barraña

Carragueiros

Retorta

Barraña-Saltiño

Ladeira do Chazo

Piñeirón

Muros

San Francisco

Dumbría

Ézaro

Fisterra

Langosteira (Zona norte)

Camariñas

Arou

Laxe

Laxe

Ponteceso

Valarés

Ermida

Osmo

Carballo

Saíñas- Pedra do Sal

A Laracha

Caión

Arteixo

O Reiro

Barrañán

Combouzas

Valcovo

Hucha

A Salsa

Alba- Sabón

A Coruña

Riazor

Orzán- Matadero

San Amaro

As Lapas

Oleiros

Bastiagueiro

Mera

Espiñeiro

Santa Cristina

Naval

Miño

Perbes- Andahío

A Ribeira

Ferrol

Doniños

San Xurxo

Esmelle

A Fragata

Valdoviño

Meirás- O Río

Frouxeira

Valeo

Pantín

Villarube

Ortigueira

Morouzos

Mañón

Bares

Esteiro

TOTAIS: 17

47

 

PROVINCIA DE LUGO

 

Concello

Praia

O Vicedo

Abrela

 

Xilloi

Viveiro

Area

Xove

Esteiro

Cervo

O Torno

Burela

A Marosa

Ril

Foz

Peizás

Llás

As Polas

A Pampillosa

Ribadeo

Os Castros- Illas

As Catedrais

TOTAL: 7

13

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

 

Concello

Praia

A Guarda

O Muíño

Area Grande

Baiona

Os Frades

A Barbeira

A Concheira

A Ribeira

Nigrán

Praia Ameria

Panxón

Patos

Vigo

O Vao

Argazada

Rodas- Illas Cíes

Figueiras- Illas Cíes

A Punta

Tombo do Gato

Fortiñón

Canido

Fontaíña

Redondela

De Cesantes (dereita)

Moaña

Praia do Con

Cangas do Morrazo

Areabrava

Nerga

Menduíña

Melide

Areamilla

Liméns

Rodeira

Bueu

Area de Bon

Portomaior

Lagos

Lapamán

Marín

Aguete

Mogor

Portocelo

O Santo- Coviña

Poio

Xiorto

Cabeceira

Sanxenxo

A Lanzada- O Espiñeiro

Canelas

Montalvo

Silgar

Bascuas

Major

Foxos

Areas Gordas

Fragueira

Baltar

Paxariñas

Vilagarcía de Arousa

Preguntoiro

Campanario

Illa de Arousa

Area de Secada

Bao (Camaxe)

Ponte Caldelas

Praia fluvial A Calzada

TOTAL: 14

53

 

Sendeiros azuis (novos en 2017)

 

Provincia

Concello

Sendeiro

 

 

 

 

A Coruña

Ortigueira

Borde litoral Ría de Ortigueira

A Laracha

Sendeiro da praia

Arteixo

Senda litoral

Boiro

Sendeiro litoral de Boiro

Carballo

Senda de Mar: Razo-Baldaio

A Coruña

Senda Azul Litoral da Coruña

Oleiros

Costa Libre

Total

7

 

 

 

Lugo

Burela

Sendeiro azul Ruta litoral burelés

O Vicedo

Sendeiro azul Praia Abrela- Punta do Castro

Ribadeo

Ruta do faro de Illa Pancha e As Aceas

Cervo

Sendeiro azul do Torno

Total

4

 

Pontevedra

Cangas do Morrazo

Roteiro de Donón

 

 

 

Vigo

Senda de ribeira e litoral Camiño á Beiramar

Senda entre faros, Islas Cíes-Vigo

Senda litoral e do Monte da Guía

Bueu

Ruta de sendeirismo Cabo Udra

Illa de Arousa

Senda perimentral Bao-Xastelas

A Guarda

Senda litoral da Guarda

Nigrán

Sendeiro litoral Praia América-Panxón

Baiona

Sendeiro litoral de Baiona

Marín

Sendeiro azul Ruta das Praias

Ponte Caldelas

Sendeiro azul do río Verdugo

Sanxenxo

Sendeiro máxico da Lanzada

Sendeiro litoral Montalvo-Major

Sendeiro litoral Canelas- Punta Cabicastro

Sendeiro litoral Porto Novo

Total

15

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones