Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As siluetas femininas de -Tui soña- realizada polos escolares tudenses están expostas na casa do concello

A partir do luns poderanse ver na Área Panorámica

A partir do luns poderanse ver na Área Panorámica

Fecha: 27 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

A casa do concello acolle até este venres a exposición das siluetas de mulleres do proxecto "Tui soña". Todos os centros educativos de Tui participaron nesta iniciativa da concellería de Igualdade convocada co gallo do 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Con este proxecto traballouse coas novas xeracións dende a educación sobre este tema.

A proposta presentada aos distintos colexios era decorar as siluetas de madeira aportadas polo Concello cunha imaxe de optimismo cara ao futuro. Bolboretas, mans, pingas, círculos, estrelas, lúas, corazóns, flores... son algunhas das formas empregadas polo alumnado para deixar as súas mensaxes. "Mulleres felices, mundo contento. Somos un equipo!" pódese ler na das pancartas portada por dúas destas siluetas de mulleres. Agarimo, respecto, valor, bicos, igualdade, xuntos, son algunhas das palabras que as nenas e nenos tudenses colocaron nas súas creacións. Tamén frases coma "Por unha vida sen violencia", "Se doe non é amor",...

O pasado venres os colexios de tudense achegaron até o Concello o seu traballo, que onte se expuxo na praza de San Fernando con motivo do acto institucional da campaña Tui En Negro. Dende hoxe e até este venres as siluetas femininas de "Tui soña" poden verse nas distintas dependencias da casa do concello, e a partir do luns estarán na Área Panorámica, na entrada da Biblioteca e da Sala de Exposicións. Posteriormente, as siluetas volverán saír a rúa, nunha data que se anunciará en función das condicións meteorolóxicas. Por último as siluetas estarán tamén expostas en distintos establecementos comerciais.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones