Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS XSG SÚMANSE UN ANO MÁIS Á INICIATIVA DA -HORA DO PLANETA- E INSTAN Á XUNTA DE GALICIA A QUE SE SUME

As XSG lembran que esta acción impulsada pola Organización Ecoloxista WWF terá lugar o vindeiro sábado 19 de marzo entre as 20:30 e as 21:30 horas.

As XSG lembran que esta acción impulsada pola Organización Ecoloxista WWF terá lugar o vindeiro sábado 19 de marzo entre as 20:30 e as 21:30 horas.

Fecha: 19 de Marzo de 2016

Fuente: Xuventudes Socialistas da Guar

O PSdG e as XSG-A Guarda anunciaron hoxe que o Concello da Guarda se unirá á nova edición da "Hora do Planeta" levada a cabo pola organización Ecoloxista WWF, sumándose a centos de millóns de persoas e milleiros de organizacións, institucións e Concellos de todo o mundo. As Xuventudes Socialistas de Galicia, como cada ano adherironse a nivel autonómico a iniciativa, tentando promocionala en todas as institucións posibles.

As XSG fixeron tamen así un chamamento aos galegos e galegas para que participen nesta iniciativa e tomen conciencia de que os pequenos xestos individuais teñen unha gran importancia na loita contra o cambio climático.

Para sumarse á iniciativa poderán facelo todos os/as cidadás que o desexen a través da páxina web: www.horadelplaneta.es

O secretario xeral das XSG en Galicia, Aitor Bouza, enfatizou na "importancia que teñen este tipo de accións que permiten concienciar ás persoas e serven coma forma de presións para que as institucións entendan a necesidade dun cambio global e da necesidade dun novo modelo enerxético para loitar contra o cambio climático".

Este evento que comezou no ano 2007 converteuse na maior campaña de mobilización ambiental da historia e conta co respaldo de máis de 7000 cidades en 160 países, milleiros de empresas e institucións e millóns de cidadás. Esta décima edición, que terá lugar o vindeiro sábado 19 de marzo entre as 20:30 e as 21:30 horas, cobra aínda maior importancia xa que chega trala Cumbre de París, que marca un esperanzador punto de inicio.

En palabras do secretario de medio ambiente, Aitor Rodríguez, recordou que "o acontecido en París demostra que a voz da xente pode chegar lonxe cando nos unimos na defensa do Planeta" e que esta iniciativa ten como obxectivo que "os individuos, empresas, concellos e organizacións aposten de maneira decidida pola eficiencia enerxética e promovan a tódolos niveles o uso de enerxías limpas para reducir as emisións de CO2 do planeta".

Os mozos socialistas consideran que "as administracións Públicas deben dar exemplo apostando pola eficiencia enerxética" e porén "pedímoslle á Xunta de Galicia gobernada polo Partido Popular que se sume á "Hora do Planeta" e demostre dunha vez o seu compromiso na defensa do medio ambiente e na loita contra o cambio climático"

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones