Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Asamblea xeral ordinaria CMVMC de Camposancos

A asamblea contou coa asistencia de 11 veciños

A asamblea contou coa asistencia de 11 veciños

Fecha: 27 de Marzo de 2019

Fuente: CM Camposancos

1º Lectura da acta anterior se aproba por unanimidade.
2º se presentan Por o Sr. Tesorero Domingos Portela Lorenzo as contas do ano 2018 con uns ingresos de 80.040,98 € e gastos por 109.192,28 €, A comunidade queda a pesar do saldo negativo do exercicio con un saldo favorable de :136.102,74. Somteiido a Votación se aproba por unanimidade.
Orzamento para o ano 2019 : Ingresos previstos : Arrendamentos 23.000 €, Padroado M Sta. Trega: 9.000 €, Padroado por atrasos ano 2015: 17.800 €, Venta de madeira: 20.000 €, Subvencións: 20.000 €. Ingresos totales : 89.800 €.
Gastos Previstos: Directamente o cuidado do monte : 50.000 €, Mantemento Casa Cultural 5.000 € Mantenemento do parque de Finca do Crego 2.500 €, Gastos Hotel Pazo: 4.000 €, Cultura: 6.000 €, Paletada/laconada: 5.000 €, Campo de Chans: 7.300 €, Imprevistos: 10.000 €. Gastos totales : 89.800 €
Sometido por o Presidente a Votación aprobase por Unanimidade.
3º Admisión nov@s vecin@s comuneiros: Se admiten as 10 solicitudes por unanimidade.
4º Plan de usos do monte Sta. Trega da parroquia de Camposancos, : O Enxeniero forestal Felix Piñeiro redactor do proxecto por o que, de ser aprobado por a administración da Xunta de Galicia, serán as lineas maestras a seguir, apoiado en diapositivas que foi proxectando esplicou as virtudes do proxecto e fixo fincape na importancia de este monte turisticamente por elo que se debe de escoller especies arboreas frondosas sempre que o chan o permita e que na vertinte o mar por a pendente e por falta de terra se reserve a producción madeirable de pino e eucalipto.
5º Padroado municipal monte Sta. Trega: O Presidente fai unha exposición do funcionamento, o parecer dos compañeiros de xumta reitora, nada satisfactorios xa que sistemáticamente o Sr. Presidente os incumple, empezando por a convocatoria de reunións que os estatutos din se celebrarán cada 4 meses e en todo ano 2018 solo se reuniu en enero, Tamen afirma o Presidente que as comunidades somos uns convidados de pedra, xa que o Presidente e o concelleiro de Patrimonio dispoñen dos ingresos a seu mellor parecer, e solo se reparte con as comunidades, propietarias do monte, o sobrante e por elo para este ano está previsto que a cada unha perciba menos da mita percibida nos últimos tres anos, que se estima en 9.000 €, entendemos que non é loxico e temos que forzar unha modificación do regulamento, punto no que estamos de acordo as duas directivas das comunidades que propuxemos o Sr. Presidente, alcalde, en vez de entrar en repartos porcentuales as comunidades de montes arrendar o Padroado 6 hectáreas nos cumios do Trega de tal modo que teríamos uns ingresos fixos, para 10 anos prorrogables 25.000 € para este ano 2019 e 40.000 € para os siguintes, con revisión dos IPC.
.Este tema xa o tratamos en reunión da Permanente do Padroado e dende o punto de vista Tanto da Sr. Secretria como do Sr. Interventor así como do Sr. Presidente (Alcalde) parelles unha boa opción e quedamos en facer unha proposta concreta que as Comunidades xa presentamos e para o que hoxe pedimos a aprobación ou rexeitamento da asamblea: que se aproba por unanimidade.
De seguido o Presidente informa que 4 dos quioscos para venda de obxetos de regalo están valeiros e que cada vez resulta mais complicado encontrar quen os alugue, a experiencia dos tres últimos anos nos dí que os novos arrendatarios duran tres cuatro meses e logo se van por non ser rendibles e por o tanto propomos un cambio de uso convertendoos en servivios (wcs.) e que cobrariamos os usuarios 50 céntimos. Sometido a votación aprobase por unanimidade.
6º Subvencións: Recibiremos unha o aveiro da linea da Deputación para parques forestales para o que a Deputación aporta: 17.118 €, o Concello/Padroado: 3.000 €, e a Comunidade de montes 4.928,88 que suman un total de 25.046,88 €. De AGADER recibimos 6000 € para a colocación de tres paneis indicativos das rutas do Trega no monte de Camposancos e 23 fitos de pedra indicativos de lugares e direccións. ENCE recibimos para desbroce de unha hectárea 1.152 €. Estamos concursando en AGADER para que nos subvenciones o arranxo da Casa forestal e o Parque Botánico. Informa o Presidente que chegamos a un acordo con o Presidente do Padroado (Alcalde) para saldar a debeda que o Padroado arrastra con a Comunidade de C. e se invistiu na reparación e modernización dos vestiarios do campo de Chans por un importe de 18.700 € que si ben non son suficientes sí é unha mui boa axuda. En este momento estamos concursando a oferta da Deputación 2019 para a creación de Parques forestais con un novo proxecto.
Cambio de usos do Campo de fútbol de Chans: Informamos que puxemos a dispor da alcaldía o campo para que o arranxaran e as cotegorias de fútbol infantil e cadete voltaran a xogar en él e que o Sr. Alcalde entende que non é necesario. Por o que chegamos a conclusión que é o lugar idóneo para convertilo en un Campamento Xuvenil e Castrexo,
Sometido a votación o cambio de uso e crear un Campamento xuvenil o resultado foi de 110 votos a favor e 1 voto en contra.
7º Traballos realizados (1) Se contrataron a 4 operarios e un enxeniero forestal, se tramitaron expedintes e se realizaron as obras necesarias para poder adquirir a licenza de primeira actividade da Casa Cultural. por este concepto o Concello nos podería haber cobrado unha cantidade superior os 4.000 € que amparandose en non estar regulado este concepto, non é normal que particulares construian unha casa cultural, non se nos pasa factura. En colaboración cos Colexios de A Guarda prantamos 1000 arbores, arrincamos os rebrotes de acacias e eucaliptos en 18 Has. Se limparon todos os sendeiros do monte, No Parque da finca do Crego se cambiaron tubos de suxeción da alambrada que o temporal rompeu se colocou unha silla de bebe en un dos columpios, mercamos unha pequena finca na subida a Igresa por 1000 € para facer un pequeno lugar de lecer no que o Concello de A Guarda colocará dous bancos e tres arbores, tamen un mato na isla de Chans por 700 €. Tivemos distintas reunións en Patrimonio, Deputación, Concello, Agader...
Traballos realizados (2) CULTURA. Jazz, Daniel Casares trio actuou o 12 de enero 18, Paletada/laconado 13 de enero18, Grupo de saxos da Agrupación músical do Rosal o 20 de enero, Música e palabras todos os primeiros sábados de mes que en setembro pasamos os primeiros venres, Proxección do documental Memorial de Camposancos 14 de abril, Día das letras Galegas adicado a Dn. Nocolás Gutierez Campo 19 de maio, Cantares do Bureiro dirixidos por Tino Baz actuaron o 3 de xulio, Agrupación músical de A Guarda actuou o 21 de xulio, Actuación do trio Os Meninos 15 de setembro, Musíca Cubana en setembro, Presentación libros de Koki 10 de novenbro, Creación do Club de lectura Mergelina 30 de novembro, Presentación do libro el color del Cristal con que me miras de Marga Rosende 31 de novembro, orquestra de acordeóns Argonat Band e grupo de Zumba Camposina 28 de decembro.
8º Proxectos: seguir con programación periodica de actos cuturales, mantemento do monte...
9º Hotel Pazo: Que dende o 30 de Otubre está cerrado e que se sacou a subasta pública a que se presentaro distintas ofertas das que duas o fixeron de forma formal e llo adxudicamos a que era, en principio, a mellor de "Fundación Casdemiro Julio Francisco Ogando" de Ourense que despois renunciaron alegando peregrinas disculpas. Ahora mesmo temos unha oferta de un grupo inversor Madrileño que despois de reunirse no mesmo Hotel con a Directora de Turismo Nava Castro acompañada dos representantes do PP Guardés Roberto e Oscar e unha representación nosa están a estudar a viabilidade. Un problema grave con o que nos atopamos é a falla de auga potable. Seguiremos buscando solucións, Temos que informar que tanto o Grupo de goberno Guardés como o PP de A Guarda están colaboranndo e mui preocupados por o tema.: Se aproba por unanimidade e autoriza a xunta reitora a tomar a mellor solución.
10º Rogos e preguntas: Ningún asistent@ fixo uso en este turno. e entre aplausos se levantou a asamblea.

Somos a Xunta reitora de unha comunidade de montes que pretendemos conseguir que cultura e natureza camiñen da man,a xunta reitora está formada por 4 mulleres e cinco homes, casi que paritaria e estamos, sentimonos orgullosos, fai tres anos que escomenzamos un programa avalado nas urnas por unha grande maioría de votos, presentamos un programa que con tesón e muito traballo en equipo xa o cumprimos de longo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones